Mortalidade global e por capítulos. Taxa axustada de mortalidade (CIE-9): período 1980-1998
Mortalidade global e por capítulos. Taxa axustada de mortalidade (CIE-9): período 1980-1998
- Indicador: Taxa axustada de mortalidade polo método directo á poboación estándar do Censo de 2011 de Galicia, europea (2013), mundial (2001) a partir das taxas específicas por grupos de idade quinquenais ata 85 e máis anos. Exprésase en tanto por 100.000 habitantes
- Causas de morte: Grandes grupos de causas correspondentes aos capítulos da CIE-9
- Ámbitos:
- Poboacional: defuncións na poboación residente en Galicia. Datos por sexo
- Xeográfico: Galicia, provincias e áreas sanitarias
- Temporal: datos anuais do período 1980-1998
- Fonte de datos:
- Defuncións: Instituto Nacional de Estatística ata 1986, e Rexistro de Mortalidade de Galicia (RMG) dende 1987
- Poboación: Poboación residente en Galicia, a 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos de estimacións intercensuais ata o ano 1997 e do Padrón Municipal de Habitantes dende 1998
- Poboacións estándar: Censo-2011 de Galicia, europea-2013, mundial-2001