Mortalidade por causas evitables. Anos de esperanza de vida perdidos por causa
Mortalidade por causas evitables. Anos de esperanza de vida perdidos por causa
- Indicador: O número de anos de esperanza de vida perdidos (AEVP) por unha poboación nun período determinado é un indicador que representa a diferenza entre o máximo posible de anos que se poden vivir entre dúas idades (neste caso, entre o nacemento e os 75 anos) e os que realmente se viven. O total de AEVP atribuíbles á forza da mortalidade nunha poboación pódese descompoñer por grupo de idade e/ou causa de morte (lista de causas de morte evitable segundo Eurostat)
- Causas de morte: Lista de Eurostat: selección de causas de morte consideradas como evitables e clasificadas segundo sexan previbles ou tratables
- Ámbitos:
- Poboacional: datos por sexo e grupos de idade: 0 a 14, 15 a 24, 25 a 44, 45 a 64 e 65 a 74
- Xeográfico: Galicia, provincias e áreas sanitarias
- Temporal: datos trienais dende o 2010-2012
- Fonte de datos:
- Defuncións: Rexistro de Mortalidade de Galicia (RMG)
- Poboación: Poboación residente en Galicia, a 1 xaneiro do ano a estudo. Datos obtidos do Padrón Municipal de Habitantes ata o ano 2022, e do Censo de Poboación dende 2023