Ir o contido principal

Número de actuacións de control oficial realizadas no programa de vixilancia sanitaria da lexionelose

  • Definición: Este indicador achega información, sobre o número de actuacións de control oficial realizadas polo corpo inspector dentro do Programa de Vixilancia Sanitaria da Lexionelose.

    Sendo un dos filtros os tipos de instalacións, definidos como:

    • Torres de refrixeración (TR) e condensadores evaporativos (CE) que son sistemas que producen aerosois ao exterior ao arrefriar o aire usado en sistemas industriais e en aires acondicionados.
    • Sistemas de auga quente sanitaria, que teñen un sistema de retorno (AQS), entendendo como tal o que move a auga continuamente dende puntos terminais ao acumulador, co fin de que a auga quente salga instantaneamente ao abrir as duchas das estancias afastadas do acumulador.
    • Sistemas de climatización con axitación constante (SAC), inclúe os sistemas de auga climatizada ou con temperaturas similares ás climatizadas (≥ 24 ºC) e aerosolización, con/sen axitación e con/sen recirculación a través de chorros de alta velocidade ou a inxección de aire, vasos de piscinas polivalente con este tipo de instalacións, vasos de piscinas con dispositivos de xogo, zonas de xogos de auga, setas, cortinas, cascadas, entre outras.
    • Outros sistemas de risco de lexionelose (outros), son sistemas non contemplados noutros indicadores, que poidan xerar aerosois e ser foco de propagación da lexionelose, como os contemplados no anexo I do Real decreto 487/2022, de 21 de xuño, polo que se establecen os requisitos sanitarios para a prevención e o control da lexionelose.

    Este indicador axuda a que a poboación estea informada  da  actuación inspectora realizada para eliminar os riscos de propagar esta enfermidade infecciosa.

  • Periodicidade: Anual a 31 de decembro de cada ano
  • Marco: Programa de vixilancia sanitaria de lexionelose 2026-2030, cuxo obxectivo xeral é diminuír o risco de propagación da lexionelose, minimizando a probabilidade de exposición da poboación mediante a vixilancia e o control ambiental das instalacións de risco en Galicia. 
Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros

Número de actuacións de control oficial realizadas no programa de vixilancia sanitaria da lexionelose

Período
Ámbito
Tipo instalacion