Número de actuacións de control oficial realizadas no programa de vixilancia sanitaria das piscinas
Definición: Este indicador achega información, sobre o número de actuacións de control oficial realizadas polo corpo inspector dentro do Programa de Vixilancia Sanitaria das Piscinas.
Sendo un dos filtros os tipos de instalacións, definidos como:
- Piscinas de funcionamento continuo, que son piscinas que, con excepción do peche para os traballos de mantemento e reparación, permanecen en funcionamento a maior parte do ano.
- Piscinas de tempada, que son piscinas que interrompen o seu funcionamento durante máis de seis meses ao longo do ano.
Este indicador axuda a que a poboación estea informada da actuación inspectora realizada para eliminar os riscos sanitarios asociados ás piscinas.
- Periodicidade: Anual a 31 de decembro de cada ano
- Marco: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2026-2030, cuxo obxectivo xeral é reducir a niveis razoablemente posibles e aceptables o risco de contraer enfermidades para as persoas usuarias de piscinas en Galicia.