Número de actuacións de control oficial realizadas no programa de vixilancia sanitaria de establecementos, servizos e produtos biocidas
Definición: Este indicador achega información sobre o número de actuacións de control oficial realizadas polo corpo inspector dentro do Programa de vixilancia sanitaria de establecementos, servizos e produtos biocidas.
Sendo un dos filtros os tipos de entidades, definidos como:
- Establecementos biocidas, definidos como os locais ou instalacións onde se fabriquen e/ou formulen e/ou envasen biocidas, asi como nos que se almacenen e/ou comercialicen biocidas.
- Servizos biocidas, definidos como as persoas físicas ou xurídicas que efectúen tratamentos con aplicación de biocidas.
- Instalacións fixas de tratamento, definidas como os establecementos con cámaras de fumigación, balsas de inmersión e outras instalacións fixas destinadas á realización de tratamentos biocidas.
- Obxectivo xeral: Este indicador axuda a que a poboación estea informada da actuacións inspectora realizada para eliminar os riscos de contraer enfermidades pola fabricación, comercialización, manipulación e/ou aplicación de biocidas na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Periodicidade: Anual a 31 de decembro de cada ano
- Marco: Programa de vixilancia sanitaria de establecementos, servizos e produtos biocidas 2026-2030.