Ir o contido principal

Número de actuacións de control oficial realizadas no programa de vixilancia sanitaria de tatuaxes, micropigmentación e piercing (tmp)

  • Definición: O Indicador “Número de actuacións de control oficial realizadas no programa de vixilancia sanitaria dos establecementos de Tatuaxe, Micropigmentación e piercing” achega información sobre o número actuacións que leva a cabo o corpo inspector sobre os establecementos de TMP incluídas no Programa de vixilancia sanitaria de establecementos de TMP, que foron obxecto do control oficial tanto no caso de controis programados como controis non programados.

    Estes resultados ofrecen unha visión detallada das actividades de inspección dos centros de tatuaxe, micropigmentación e piercing que se levan a cabo cada ano  e permítelles aos responsables poder tomar  decisións sempre encamiñadas a unha mellor protección da saúde xa que poden axudar a identificar posibles áreas de mellora e así aumentar a eficacia dos programas de control que se levan a cabo, co obxectivo final de que estas actividades non perxudiquen a saúde e o benestar da poboación.

    Este indicador ofrece información dos centros que son vixiados o longo do ano por parte dos corpos de inspección.

  • Periodicidade: Anual a 31 de decembro de cada ano
  • Marco: Programa de vixilancia sanitaria dos establecementos de tatuaxe, micropigmentación e piercing (TMP) de Galicia 2026-2030.

    O programa ten como obxectivo xeral o de reducir ó máximo posible e aceptable o risco de contraer enfermidades que poidan transmitirse ou estén asociadas as prácticas de esta actividade mediante a vixilancia e control dos establecementos de Galicia.

Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros

Número de actuacións de control oficial realizadas no programa de vixilancia sanitaria de tatuaxes, micropigmentación e piercing (tmp).

Período
Ámbito