Número de ensaios realizados
Número total de ensaios realizados no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia. Denomínase ensaio a cada determinación de unha ou varias características dunha mostra (obxecto de avaliación da conformidade), seguindo un procedemento establecido.
- Nome : Número de ensaios realizados
- Definición: Número total de ensaios realizados no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia. Denomínase ensaio a cada determinación de unha ou varias características dunha mostra (obxecto de avaliación da conformidade), seguindo un procedemento establecido.
- Obxectivo Xeral: O desenvolvemento das actividades do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia e a execución das análises que se lle encomenden en materia de saúde pública.
- Periodicidade: Anual
Marco: O Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (LSPG) é a unidade provedora das determinacións analíticas derivadas dos programas de vixilancia e control oficial que realiza a Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) no ámbito da protección da saúde.
O LSPG tamén colabora con outras consellerías da Comunidade Autónoma de Galicia; Entes autonómicos e outras Administracións públicas.