Número de instalacións no programa de vixilancia sanitaria das piscinas
Definición: Este indicador achega información sobre o número de instalacións que se vixían dentro deste programa.
Sendo un dos filtros os tipos de instalacións, definidos como:
- Piscinas de funcionamento continuo, que son piscinas que, con excepción do peche para os traballos de mantemento e reparación, permanecen en funcionamento a maior parte do ano.
- Piscinas de tempada, que son piscinas que interrompen o seu funcionamento durante máis de seis meses ao longo do ano.
Este indicador axuda a que a poboación estea informada do volume de piscinas que están sendo vixiadas para eliminar os posibles riscos sanitarios asociados a este tipo de instalacións.
- Periodicidade: Mensual a último día de mes
- Marco: Programa de vixilancia sanitaria das piscinas 2026-2030, cuxo obxectivo xeral é reducir a niveis razoablemente posibles e aceptables o risco de contraer enfermidades para as persoas usuarias de piscinas en Galicia.
O indicador «Participación no Plan Proxecta: Clases sen fume» proporciona unha visión detallada e...
O indicador «Participación en Plan Proxecta: Apuntámonos a non beber» é unha recompilación de datos...
O indicador «Rede de parques sen fume de Galicia» é un rico recurso de información que proporciona...
O indicador «Rede de praias e portos sen fume de Galicia» é unha valiosa recompilación de datos que...
O indicador «Subvencións a concellos para programas de prevención de trastornos adictivos» é unha...
O indicador titulado «Subvencións a entidades privadas sen ánimo de lucro para realización de...
O indicador «Porcentaxe de comunicacións aos concellos por contaminación en augas de baño» é un...
Calidade ambiental do aire