Ir o contido principal

Número de IVE segundo provincia de residencia por grupos de idade

Neste apartado móstranse datos das interrupcións voluntarias do embarazo (IVE) realizadas en España por mulleres que residen en Galicia [1]. Os datos proceden dos centros acreditados para realizar IVE, que teñen a obriga de notificarlle a Sanidade unha serie de datos (anónimos) de cada IVE que nel se realiza [2]. En Galicia os centros acreditados envían estas notificacións ao Rexistro Galego de IVE, que depende da DXSP, que, pola súa banda, os envía ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Estas notificacións enviadas ao Ministerio fan referencia ás IVE realizadas en Galicia tanto en mulleres que residen nela como fóra dela. Dado que todas as comunidades autónomas levan a cabo o mesmo procedemento, o Ministerio está en condicións de devolverlles ás comunidades as IVE realizadas fóra da comunidade de mulleres que residen nela. Deste xeito, como quedou dito, os datos do Rexistro Galego conteñen todas as IVE realizadas en España por mulleres que residen en Galicia. Pola contra, non constan os datos de IVE realizadas fóra de España nin, por suposto, aquelas que non foran notificadas.

Contidos e consideracións metodolóxicas

As táboas e gráficos que se mostran tratan as IVE, ademais de como número absoluto, como porcentaxe, taxa e razón.

En concreto, móstrase a taxa de IVE específica por grupo de idade (é dicir, número de IVE realizadas por mulleres dun grupo de idade determinado dividido polo número de mulleres dese mesmo grupo, multiplicado por mil só para favorecer a lectura do resultado), que, a diferenza do que ocorre cos números absolutos, permite facer comparacións entre os distintos grupos de idade e comparar os valores de distintos períodos.

Ademais da taxa de IVE específica, móstrase a taxa de IVE axustada á poboación de mulleres galegas (datos do censo de 2001) entre os 15 e 44 anos de idade e os 14 e 49 anos. Este axuste permite controlar as diferenzas que pode haber nas distribucións por idade nas mulleres en distintos períodos (véxase, por exemplo a pirámide de poboación que se comenta despois) e entre distintos lugares, como as provincias galegas. Este control fai posible que, a diferenza do que ocorre cos números absolutos, se poidan comparar as taxas de IVE de diferentes poboacións e de diferentes momentos nunha mesma poboación.

A razón fai referencia ao cociente entre o número de IVE e o número de nacementos ocorridos en mulleres dunha certa idade ou de certo lugar. A razón multiplícase por 10.000 só para facilitar a lectura do resultado, e, ao relacionala coa taxa de IVE (taxa/razón), pódese obter unha taxa de natalidade (é dicir, número de nenos nados dividido entre o número de mulleres).

Ademais dos números absolutos, taxas e razóns, pódese obter a distribución porcentual de IVE segundo: o momento da interrupción (semana de xestación, interrupcións precoces e serodias [3]), o motivo da IVE, o método empregado para realizala, os antecedentes das mulleres (número de fillos e de IVE previas), o lugar onde se soubo da posibilidade da IVE, o lugar de nacemento e a nacionalidade.

Os datos de poboación anual de mulleres para o período 1990-1997 son estimacións intercensuais calculadas a partir dos censos de 1981 e 1991 e os padróns de 1986, 1996 e 1998; e para o período que comeza en 1998 tomáronse os datos da Renovación Anual do Padrón, procedentes do Instituto Galego de Estatística (IGE). Os nacementos por idade da nai proceden do IGE.

[1] A Lei orgánica 9/1985, vixente ata o ano de 2010, despenalizaba a IVE nos tres supostos seguintes: cando existía perigo para a vida ou saúde da embarazada, cando o embarazo fora consecuencia dunha violación e cando existía a presunción de que o feto ía nacer con graves taras. No segundo e terceiro suposto a IVE debíase realizar dentro das 12 e 22 primeiras semanas de xestación, respectivamente.
O 5 de xullo de 2010, entrou en vigor a Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo (BOE N.º 55, do 4 de marzo de 2010). Segundo esta lei, poderase interromper o embarazo a petición da muller (nas 14 primeiras semanas de xestación) ou polas seguintes causas médicas: grave risco para a vida ou saúde da embarazada (nas 22 primeiras semanas de xestación), risco de graves anomalías no feto (nas 22 primeiras semanas de xestación) e, por último, enfermidade extremadamente grave e incurable no feto ou incompatible coa vida.

[2] Obriga que estableceu a Orde do 16 de xuño de 1986, na que se que dispoñen as condicións para poder levar a cabo a información epidemiolóxica e mais a explotación estatística dos datos obtidos.

[3] Precoz é a IVE que se realiza antes de 9 semanas de xestación, e serodia a que se realiza despois de 15 semanas.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Grupo Idade
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Grupo Idade Total [IVEs]
2008 Provincia 32 Ourense 15-19 44
2008 Provincia 32 Ourense 20-29 117
2008 Provincia 32 Ourense 30-39 90
2008 Provincia 32 Ourense 40 ou máis 14
2008 Provincia 36 Pontevedra 10-14 7
2008 Provincia 36 Pontevedra 15-19 126
2008 Provincia 36 Pontevedra 20-29 436
2008 Provincia 36 Pontevedra 30-39 321
2008 Provincia 36 Pontevedra 40 ou máis 53
2007 Comunidade 12 Galicia 10-14 10
2007 Comunidade 12 Galicia 15-19 390
2007 Comunidade 12 Galicia 20-29 1.156
2007 Comunidade 12 Galicia 30-39 822
2007 Comunidade 12 Galicia 40 ou máis 168
2007 Provincia 15 A Coruña 10-14 6
2007 Provincia 15 A Coruña 15-19 176
2007 Provincia 15 A Coruña 20-29 512
2007 Provincia 15 A Coruña 30-39 314
2007 Provincia 15 A Coruña 40 ou máis 82
2007 Provincia 27 Lugo 15-19 24
2007 Provincia 27 Lugo 20-29 84
2007 Provincia 27 Lugo 30-39 64
2007 Provincia 27 Lugo 40 ou máis 11
2007 Provincia 32 Ourense 10-14 1
2007 Provincia 32 Ourense 15-19 46
2007 Provincia 32 Ourense 20-29 117
2007 Provincia 32 Ourense 30-39 94
2007 Provincia 32 Ourense 40 ou máis 16
2007 Provincia 36 Pontevedra 10-14 3
2007 Provincia 36 Pontevedra 15-19 144
2007 Provincia 36 Pontevedra 20-29 443
2007 Provincia 36 Pontevedra 30-39 350
2007 Provincia 36 Pontevedra 40 ou máis 59
2006 Comunidade 12 Galicia 10-14 14
2006 Comunidade 12 Galicia 15-19 348
2006 Comunidade 12 Galicia 20-29 1.130
2006 Comunidade 12 Galicia 30-39 841
2006 Comunidade 12 Galicia 40 ou máis 149
2006 Provincia 15 A Coruña 10-14 8
2006 Provincia 15 A Coruña 15-19 153
2006 Provincia 15 A Coruña 20-29 474
2006 Provincia 15 A Coruña 30-39 359
2006 Provincia 15 A Coruña 40 ou máis 67
2006 Provincia 27 Lugo 15-19 44
2006 Provincia 27 Lugo 20-29 112
2006 Provincia 27 Lugo 30-39 101
2006 Provincia 27 Lugo 40 ou máis 18
2006 Provincia 32 Ourense 10-14 1
2006 Provincia 32 Ourense 15-19 33
2006 Provincia 32 Ourense 20-29 120