Ir o contido principal

Número de IVE segundo provincia de residencia

Neste apartado móstranse datos das interrupcións voluntarias do embarazo (IVE) realizadas en España por mulleres que residen en Galicia [1]. Os datos proceden dos centros acreditados para realizar IVE, que teñen a obriga de notificarlle a Sanidade unha serie de datos (anónimos) de cada IVE que nel se realiza [2]. En Galicia os centros acreditados envían estas notificacións ao Rexistro Galego de IVE, que depende da DXSP, que, pola súa banda, os envía ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Estas notificacións enviadas ao Ministerio fan referencia ás IVE realizadas en Galicia tanto en mulleres que residen nela como fóra dela. Dado que todas as comunidades autónomas levan a cabo o mesmo procedemento, o Ministerio está en condicións de devolverlles ás comunidades as IVE realizadas fóra da Comunidade de mulleres que residen nela. Deste xeito, como quedou dito, os datos do Rexistro Galego conteñen todas as IVE realizadas en España por mulleres que residen en Galicia. Pola contra, non constan os datos de IVE realizadas fóra de España nin, por suposto, aquelas que non foran notificadas.

Contidos e consideracións metodolóxicas

As táboas e gráficos que se mostran tratan as IVE, ademais de como número absoluto, como porcentaxe, taxa e razón.

En concreto, móstrase a taxa de IVE específica por grupo de idade (é dicir, número de IVE realizadas por mulleres dun grupo de idade determinado dividido polo número de mulleres dese mesmo grupo, multiplicado por mil só para favorecer a lectura do resultado), que, a diferenza do que ocorre cos números absolutos, permite facer comparacións entre os distintos grupos de idade e comparar os valores de distintos períodos.

Ademais da taxa de IVE específica, móstrase a taxa de IVE axustada á poboación de mulleres galegas (datos do censo de 2001) entre os 15 e 44 anos de idade e os 14 e 49 anos. Este axuste permite controlar as diferenzas que pode haber nas distribucións por idade nas mulleres en distintos períodos (véxase, por exemplo a pirámide de poboación que se comenta despois) e entre distintos lugares, como as provincias galegas. Este control fai posible que, a diferenza do que ocorre cos números absolutos, se poidan comparar as taxas de IVE de diferentes poboacións e de diferentes momentos nunha mesma poboación.

A razón fai referencia ao cociente entre o número de IVE e o número de nacementos ocorridos en mulleres dunha certa idade ou de certo lugar. A razón multiplícase por 10.000 só para facilitar a lectura do resultado, e, ao relacionala coa taxa de IVE (taxa/razón), pódese obter unha taxa de natalidade (é dicir, número de nenos nados dividido entre o número de mulleres).

Ademais dos números absolutos, taxas e razóns, pódese obter a distribución porcentual de IVE segundo: o momento da interrupción (semana de xestación, interrupcións precoces e serodias [3]), o motivo da IVE, o método empregado para realizala, os antecedentes das mulleres (número de fillos e de IVE previas), o lugar onde se soubo da posibilidade da IVE, o lugar de nacemento e a nacionalidade.

Os datos de poboación anual de mulleres para o período 1990-1997 son estimacións intercensuais calculadas a partir dos censos de 1981 e 1991 e os padróns de 1986, 1996 e 1998; e para o período que comeza en 1998 tomáronse os datos da Renovación Anual do Padrón, procedentes do Instituto Galego de Estatística (IGE). Os nacementos por idade da nai proceden do IGE.

[1] A Lei orgánica 9/1985, vixente ata o ano de 2010, despenalizaba a IVE nos tres supostos seguintes: cando existía perigo para a vida ou saúde da embarazada, cando o embarazo fora consecuencia dunha violación e cando existía a presunción de que o feto ía nacer con graves taras. No segundo e terceiro suposto a IVE debíase realizar dentro das 12 e 22 primeiras semanas de xestación, respectivamente.
O 5 de xullo de 2010, entrou en vigor a Lei orgánica 2/2010, do 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo (BOE N.º 55, do 4 de marzo de 2010). Segundo esta lei, poderase interromper o embarazo a petición da muller (nas 14 primeiras semanas de xestación) ou polas seguintes causas médicas: grave risco para a vida ou saúde da embarazada (nas 22 primeiras semanas de xestación), risco de graves anomalías no feto (nas 22 primeiras semanas de xestación) e, por último, enfermidade extremadamente grave e incurable no feto ou incompatible coa vida.

[2] Obriga que estableceu a Orde do 16 de xuño de 1986, na que se que dispoñen as condicións para poder levar a cabo a información epidemiolóxica e mais a explotación estatística dos datos obtidos.

[3] Precoz é a IVE que se realiza antes de 9 semanas de xestación, e serodia a que se realiza despois de 15 semanas.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Total [IVEs]
2002 Comunidade 12 Galicia 2.619
2002 Provincia 15 A Coruña 1.019
2002 Provincia 27 Lugo 305
2002 Provincia 32 Ourense 235
2002 Provincia 36 Pontevedra 1.060
2001 Comunidade 12 Galicia 2.508
2001 Provincia 15 A Coruña 960
2001 Provincia 27 Lugo 271
2001 Provincia 32 Ourense 224
2001 Provincia 36 Pontevedra 1.053
2000 Comunidade 12 Galicia 2.283
2000 Provincia 15 A Coruña 910
2000 Provincia 27 Lugo 302
2000 Provincia 32 Ourense 212
2000 Provincia 36 Pontevedra 859
1999 Comunidade 12 Galicia 2.210
1999 Provincia 15 A Coruña 856
1999 Provincia 27 Lugo 269
1999 Provincia 32 Ourense 238
1999 Provincia 36 Pontevedra 847
1998 Comunidade 12 Galicia 2.397
1998 Provincia 15 A Coruña 902
1998 Provincia 27 Lugo 316
1998 Provincia 32 Ourense 228
1998 Provincia 36 Pontevedra 951
1997 Comunidade 12 Galicia 2.460
1997 Provincia 15 A Coruña 913
1997 Provincia 27 Lugo 309
1997 Provincia 32 Ourense 269
1997 Provincia 36 Pontevedra 969
1996 Comunidade 12 Galicia 2.548
1996 Provincia 15 A Coruña 926
1996 Provincia 27 Lugo 383
1996 Provincia 32 Ourense 257
1996 Provincia 36 Pontevedra 982
1995 Comunidade 12 Galicia 2.414
1995 Provincia 15 A Coruña 828
1995 Provincia 27 Lugo 282
1995 Provincia 32 Ourense 257
1995 Provincia 36 Pontevedra 1.047
1994 Comunidade 12 Galicia 2.311
1994 Provincia 15 A Coruña 763
1994 Provincia 27 Lugo 286
1994 Provincia 32 Ourense 277
1994 Provincia 36 Pontevedra 985
1993 Comunidade 12 Galicia 2.011
1993 Provincia 15 A Coruña 697
1993 Provincia 27 Lugo 273
1993 Provincia 32 Ourense 255
1993 Provincia 36 Pontevedra 786