Porcentaxe de ensaios da área físico-química
Porcentaxe de ensaios físico-químicos realizados en relación ao total de ensaios. O laboratorio de Saúde Pública de Galicia, conta con dúas áreas funcionais puramente técnicas: A área de microbioloxía e a área de química.
- Nome : Porcentaxe de ensaios da área físico-química
Definición: Porcentaxe de ensaios microbiolóxicos realizados en relación ao total de ensaios. O laboratorio de Saúde Pública de Galicia, conta con dúas áreas funcionais: A area de microbioloxía e a area de química.
A área de microbioloxía realiza análises de auga , alimentos e parasitolóxicos de triquina en carnes.
Conta con tres unidades:
- Unidade de microbioloxía xeral
- Unidade de bioloxía molecular e tipificación de cepas
- Unidade de parasitoloxía
- Obxectivo Xeral: O desenvolvemento das actividades do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia e a execución das análises que se lle encomenden en materia de saúde pública.
Marco: O Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (LSPG) é a unidade provedora das determinacións analíticas derivadas dos programas de vixilancia e control oficial que realiza a Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) no ámbito da protección da saúde.
O LSPG tamén colabora con outras consellerías da Comunidade Autónoma de Galicia; Entes autonómicos e outras Administracións públicas.