Porcentaxe de nenos nados na campaña inmunizados fronte ao VRS
A inmunización fronte ao Virus Respiratorio Sincitial (VRS) realízase mediante a administración dun anticorpo monoclonal (nirsevimab) nunha única dose a aquelas nenas e nenos menores de 6 meses, prematuros con idades xestacionais < 35 semanas e aqueles menores de 24 meses que presenten unha situación de risco adicional. Pode atopar máis información consultando a seguinte ligazón: [Inmunización fronte ao Virus Respiratorio Sincitial](https://www.sergas.es/Saude-publica/INMUNIZACION-FRONTE-AO-VIRUS-RESPIRATORIO-SINCITIAL).
No presente indicador avalíase a cobertura fronte ao VRS mediante a análise do número de lactantes vacinados durante a campaña avaliada. No numerador do presente indicador figurará o número de lactantes que recibiron unha dose de nirsevimab entre setembro e marzo do período avaliado e no denominador incluiranse todos os lactantes nacidos entre esas mesmas datas do mesmo período.
| Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Sexo | Grupo poblacional | Campana | Porcentaxe |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2023 | Provincia | 36 | Pontevedra | Total | Nacidos en campaña | 2023-2024 | 89,11 |
| 2023 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | Total | Nacidos en campaña | 2023-2024 | 99,94 |
| 2023 | Área sanitaria | FE | Ferrol | Total | Nacidos en campaña | 2023-2024 | 87,84 |
| 2023 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | Total | Nacidos en campaña | 2023-2024 | 90,09 |
| 2023 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | Total | Nacidos en campaña | 2023-2024 | 89,54 |
| 2023 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Total | Nacidos en campaña | 2023-2024 | 91,72 |
| 2023 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | Total | Nacidos en campaña | 2023-2024 | 97,64 |
| 2023 | Área sanitaria | VI | Vigo | Total | Nacidos en campaña | 2023-2024 | 96,96 |