Ir o contido principal

Porcentaxe de persoas con cancro en estadio 0 e I do total con cancro PGDPCM

Porcentaxe de persoas con cancro en estadio 0 e I do total con cancro como parte do Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama, en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.

As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre este cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria. 

A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses). 

A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.

No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Porcentaxe
2006 Provincia 15 A Coruña 60,00
2006 Provincia 27 Lugo 62,96
2006 Provincia 32 Ourense 55,17
2006 Provincia 36 Pontevedra 57,50
2005 Comunidade 12 Galicia 66,10
2005 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 73,20
2005 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 64,00
2005 Área sanitaria FE Ferrol 62,50
2005 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 75,00
2005 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 53,60
2005 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 63,00
2005 Área sanitaria VI Vigo 55,80
2005 Provincia 15 A Coruña 73,39
2005 Provincia 27 Lugo 75,00
2005 Provincia 32 Ourense 53,57
2005 Provincia 36 Pontevedra 60,29
2004 Comunidade 12 Galicia 66,00
2004 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 63,20
2004 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 68,80
2004 Área sanitaria FE Ferrol 70,60
2004 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 68,40
2004 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 58,30
2004 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 66,70
2004 Área sanitaria VI Vigo 67,50
2004 Provincia 15 A Coruña 67,44
2004 Provincia 27 Lugo 72,22
2004 Provincia 32 Ourense 60,87
2004 Provincia 36 Pontevedra 69,23
2003 Comunidade 12 Galicia 64,70
2003 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 68,80
2003 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 75,90
2003 Área sanitaria FE Ferrol 58,50
2003 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 61,30
2003 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 78,30
2003 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 57,90
2003 Área sanitaria VI Vigo 60,40
2003 Provincia 15 A Coruña 69,30
2003 Provincia 27 Lugo 67,86
2003 Provincia 32 Ourense 78,26
2003 Provincia 36 Pontevedra 59,30
2002 Comunidade 12 Galicia 65,40
2002 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 69,40
2002 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 62,50
2002 Área sanitaria FE Ferrol 90,00
2002 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 70,60
2002 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 59,60
2002 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 58,10
2002 Área sanitaria VI Vigo 65,70
2002 Provincia 15 A Coruña 69,90
2002 Provincia 27 Lugo 70,59