Ir o contido principal

Porcentaxe de poboación abastecida por zonas no SINAC

  • Definición: O “Sistema de Información Nacional de Agua de Consumo” (SINAC) é un sistema de información sanitario que recolle datos, accesibles ao cidadán, sobre as características dos abastecementos e a calidade da auga de consumo humano.  Neste sistema reúnese de forma obrigatoria a información dos abastecementos que subministran máis de 10 metros cúbicos ao día e tamén a información daqueles máis pequenos que de forma voluntaria comparten os seus datos.

    Na seguinte ligazón pode acceder a eles: https://sinacv2.sanidad.gob.es/CiudadanoWeb/ciudadano/inicioCiudadanoAction.do

    A porcentaxe de poboación que non recibe subministración con cobertura do SINAC corresponde a aquela para a que non existen datos nese sistema de información ou a poboación abastecida por subministracións menores a 10 metros cúbicos que fixesen uso da súa exención.

  • Periodicidade: Anual
  • Marco: Programa de vixilancia sanitaria de augas de consumo humano 2026-2030, cuxo obxectivo xeral é diminuír o risco de morbilidade asociado ao consumo de auga.   
Ficha Descargar CSVDescargar Excel