Prevalencia do xogo con cartos fóra da internet no último ano en poboación de 14-18 anos
Prevalencia do xogo con cartos fóra da internet no último ano en poboación de 14-18 anos.
Enquisa sobre uso de drogas en ensinanzas secundarias en España (ESTUDES).
- Nome: Enquisa sobre uso de drogas en ensinanzas secundarias en España (ESTUDES).
- Periodicidade: Cada 2 anos dende 1994.
- Responsable: Observatorio Español das Drogas e as Adiccións (OEDA). Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas (DGPNSD). Ministerio de Sanidade.
- Ámbito xeográfico: Galicia. A enquisa realízase en todo o ámbito nacional, non obstante este conxunto de indicadores constrúense utilizando a mostra galega.
- Ámbito poboacional: O universo está composto por estudantes de 14-18 anos que cursan ensinanzas secundarias en Galicia (3º e 4º de ESO, 1º e 2º de bacharelato, ciclos de FP básica e ciclos formativos de grao medio de FP).
- Ámbito temporal: Os períodos de recollida da información de cada unha das edicións foron os seguintes:
- 2021: 8.3.2021 – 18.5.2021
- 2019: 4.2.2019 – 5.4.2019
- 2016: 18.11.2016 – 8.3.2017
- 2014: 14.11.2014 – 8.4.2015
- 2012: 14.2.2013 – 30.4.2013
- 2010: 4.11.2010 – 19.12.2010 y 15.2.2011 – 23.3.2011
- 2008: novembro e decembro de 2008
- Marco de mostraxe: Poboación de estudantes matriculada en centros educativos con 3º e 4º de ESO, 1º e 2º de bacharelato, ciclos de FP básica e ciclos formativos de grao medio de FP. Quedan excluídos deste marco diversos colectivos: alumnado de 14 anos que cursa educación primaria, alumnado de 18 anos matriculado en estudos universitarios, alumnado de 14-18 anos que non asistiu á clase o día no que se cubriu a enquisa, alumnado incluído en programas de garantía social e a distancia, e alumnado de ensinanzas de réxime nocturno e de ensinanzas de réxime especial.
- Procedemento de mostraxe: Mostraxe por conglomerados bietápica (selección aleatoria de centros na 1ª etapa e de aulas en 2º lugar). Para a selección dos centros educativos utilizáronse os listados do Rexistro de Centros Docentes do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Dentro da Comunidade Autónoma estratificouse pola titularidade xurídica dos centros (públicos e privados) e o tipo de ensinanza impartida (ESO, bacharelato, CFPB e CFGMFP). Todos os centros tiñan a mesma probabilidade de participar na enquisa dentro de cada estrato, independentemente do seu tamaño. Do mesmo xeito, na selección final das aulas dos centros escollidos, todas elas contaban coa mesma probabilidade de ser seleccionadas, elixíndose por cada centro 2 aulas de diferente curso do mesmo estrato de ensinanza.
- Tamaño da mostra: Os tamaños das mostras de cada unha das edicións foron os seguintes:
- 2021: 1.244
- 2019: 2.026
- 2016: 2.089
- 2014: 2.102
- 2012: 2.022
- 2010: 1.945
- 2008: 1.799
- Ampliación da mostra: A Comunidade Autónoma de Galicia amplía a mostra inicialmente seleccionada polo estudo nacional (excepto no ano 2021, no que a enquisa se fixo exclusivamente coa mostra básica), para poder realizar unha análise máis detallada da información e cunha marxe de erro estatístico menor a nivel autonómico.
- Ponderación: A ponderación, dentro dos datos da Comunidade Autónoma, realizouse en función da titularidade do centro (público ou privado) e do tipo de estudos (ESO, bacharelato, CFPB e CFGMFP).
- Método de recollida da información: Unha vez realizado o primeiro contacto e concertada unha cita co centro educativo seleccionado, a persoa encargada de realizar o traballo de campo desprázase ao centro e explícalle á persoa responsable a metodoloxía da enquisa e o procedemento de traballo. Unha vez seleccionadas as aulas e pactada a data de realización, a persoa encargada achégase de novo ao centro e aplica o cuestionario.
- Cuestionario: Emprégase un cuestionario estandarizado e anónimo, similar ao doutras enquisas que abordan este tema, para poder realizar comparacións. O cuestionario é autoadministrado e cúbreno por escrito (papel e lapis) todas as persoas estudantes das aulas seleccionadas durante unha clase normal (45-60 minutos). O cuestionario está dispoñible tanto en galego como en castelán. O cuestionario recolle información sobre variables sociodemográficas, consumo e dispoñibilidade de substancias psicoactivas e información sobre percepcións e actitudes sobre as adiccións.
Información
O recurso consta de varias columnas que proporcionan a seguinte información:
- A columna Período é un campo alfanumérico que indica a referencia temporal á que se refiren os datos.
- A columna Ámbito é un campo alfanumérico que indica a área xeográfica á que se refiren os datos. Os posibles valores son «Comunidade», «Provincia», «Concello» e «Área sanitaria».
- A columna Código espazo contén unha referencia alfanumérica da rexión e a columna Espazo proporciona unha descrición desa rexión.
- O campo Sexo é un campo alfanumérico que indica o sexo das persoas ás que se refiren os datos. Os posibles valores son «Homes», «Mulleres» e «Todos».
- O campo Grupo idade contén información sobre o grupo de idade.
- Finalmente, o recurso proporciona a estimación da prevalencia e os límites inferior e superior do intervalo de confianza do 95 %.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Sexo | Grupo Idade | Prevalencia | Límite inferior (IC95%) | Límite superior (IC95%) |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2021 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Total | 15,24 | 13,19 | 17,55 |
2021 | Comunidade | 12 | Galicia | Homes | Total | 25,58 | 21,99 | 29,55 |
2021 | Comunidade | 12 | Galicia | Mulleres | Total | 5,25 | 3,67 | 7,47 |
2021 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 14-15 | 10,78 | 8,39 | 13,75 |
2021 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 16-18 | 19,02 | 15,93 | 22,55 |
2018 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Total | 15,48 | 13,81 | 17,32 |
2018 | Comunidade | 12 | Galicia | Homes | Total | 26,89 | 23,91 | 30,09 |
2018 | Comunidade | 12 | Galicia | Mulleres | Total | 5,60 | 4,12 | 7,57 |
2018 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 14-15 | 11,08 | 9,16 | 13,34 |
2018 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 16-18 | 18,91 | 16,40 | 21,70 |
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Total | 17,24 | 15,62 | 18,98 |
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | Homes | Total | 28,44 | 25,68 | 31,37 |
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | Mulleres | Total | 6,32 | 4,96 | 8,02 |
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 14-15 | 11,62 | 9,71 | 13,84 |
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 16-18 | 21,49 | 19,13 | 24,06 |
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Total | 25,21 | 23,27 | 27,24 |
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | Homes | Total | 40,12 | 36,97 | 43,35 |
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | Mulleres | Total | 10,89 | 9,00 | 13,12 |
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 14-15 | 19,35 | 16,75 | 22,24 |
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 16-18 | 29,28 | 26,61 | 32,11 |