Introdución

Presentación institucional
Cátedra Institucional de Saúde Ambiental
Universidade de Santiago de Compostela · Dirección Xeral de Saúde Pública

Que é a Cátedra?
A Cátedra Institucional de Saúde Ambiental constitúe un espazo de colaboración para o desenvolvemento de actividades docentes, académicas e de investigación relacionadas cos factores ambientais que inflúen na saúde da poboación.
Orixe e colaboración institucional
Creada en 2024, a Cátedra é froito da colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.
Máis información
Para coñecer mellor os obxectivos e a actividade da Cátedra, poden consultarse os seguintes recursos:
Sesión organizada pola Escola Galega de Saúde Pública e impartida por Alberto Ruano Rabiña o 11 de xuño de 2024.
Información sobre a conferencia inaugural «Medicina, Salud ambiental y Salud Pública», celebrada o 14 de xuño de 2024.