TABACO
O consumo de tabaco é a principal causa de morbimortalidade evitable nos países desenvolvidos.
Unha de cada dúas persoas fumadoras morrerá prematuramente por unha enfermidade causada polo tabaco se non deixa o seu consumo.
Calquera momento é bo, para deixar de fumar. Acuda ao seu centro de saúde, os profesionais sanitarios poden axudarlle.
Tabaquismo Pasivo
A OMS afirma que “non existe un nivel inocuo de exposición ao fume de tabaco”. O 31% das mortes atribuíbles ao tabaquismo pasivo corresponde a nenos e nenas.
As persoas menores de idade están máis expostas ao HAT que as persoas adultas, isto faias máis vulnerables e tradúcese nun incremento do risco de presentar: baixo peso ao nacer, síndrome de morte súbita no lactante, enfermidades respiratorias severas -asma, bronquite, pneumonía- ou otitis media, entre outras.
Crear espazos totalmente libres de fume de tabaco ambiental (HAT) é a única maneira de protexer ás persoas dos seus efectos nocivos. Elixe sempre espazos sen fume para o teu lecer.
DÍA GALEGO SEN TABACO 2025
O 31 de outubro celébrase o Día Galego sen Tabaco. O lema deste ano é “Novos consumos, mesma elección: elixe saúde”. Esta mensaxe quere poñer o foco nos novos patróns de consumo de nicotina e tabaco e na importancia de continuar apostando pola promoción da saúde e a prevención do tabaquismo.
A Consellería de Sanidade organiza un acto conmemorativo, que se celebrará o venres 31 de outubro, as 12.00, no salón de actos do edificio. Este acto incluirá unha conferencia do Dr. Vidal Barchilon Cohen, primeiro vicepresidente do Comité Nacional para la Prevención del Tabaquismo (CNPT), titulada “Tabaco: novos consumos, novos retos”.
SITUACIÓN DO TABAQUISMO EN GALICIA
CONSUMO DE TABACO
Os datos sinalan que na actualidade en Galicia fuma aproximadamente 1 de cada 6 persoas. Esta porcentaxe é maior nos homes e no grupo de idade de 25 a 44 anos.
Non obstante esta porcentaxe está baixando gradualmente e é hoxe case un 40% inferior á do ano 2005, xusto antes da entrada en vigor da primeira lei que restrinxiu o consumo de tabaco en espazos pechados.
O descenso é moi similar en homes e mulleres. Según a idade o grupo máis xoven é o que máis reduciu o seu consumo (54%), mentres que entre os maiores de 45 anos a baixada é do 5-7%.
        fig.2
        fig.3
        fig.4
CONSUMO DE TABACO DE LEAR ENTRE AS PERSOAS FUMADORAS
O consumo de tabaco de lear que, en 2005 era residual, chega agora a case 1 de cada 3 persoas fumadoras. Este consumo é maior entre os homes e os menores de 45 anos.
        fig.5
        fig.6
        fig.7
EXPOSICIÓN AO FUME AMBIENTAL DO TABACO
A porcentaxe de persoas que hoxe refiren que están expostas ao fume ambiental de tabaco na súa casa é, aproximadamente, do 12%. Nos espazos de ocio esta porcentaxe é do 5%. Non se aprecian diferencias entre homes e mulleres. A exposición diminúe claramente coa idade.
        fig.8
        fig.9
EXPOSICIÓN AO FUME AMBIENTAL DE TABACO NA CASA
Apreciase como a porcentaxe de persoas que refiren que están expostas ao fume ambiental do tabaco na casa reduciuse a partir da implantación da normativa de tabaco do 2005 e moi pouco dende o ano 2006.
Vese ademais que non hai diferencias entre homes e mulleres. E o descenso é similar en todos os grupos de idade.
        fig.10
        fig.11
        fig.12
EXPOSICIÓN AO FUME AMBIENTAL DE TABACO NOS ESPAZOS DE LECER
Sen embargo, no caso da exposición pasiva nos espazos de lecer, apreciase claramente o efecto da aprobación das leis que restrinxiron o consumo de tabaco nestes lugares, primeiro no ano 2005 e logo, de xeito significativo, no 2010 cando a restrición pasou a ser completa.
        fig.13
        fig.14
        fig.15