Ir o contido principal

Asociación Española de Miocardiopatía Hipertrófica (AEMCH)

Breve descrición do recurso/activo
Entidade creada en decembro de 2023 na Coruña por un grupo de persoas diagnosticadas de miocardiopatía hipertrófica. Xorde como resposta ás súas inquedanzas e necesidades compartidas, co obxectivo de visibilizar esta patoloxía, promover o seu coñecemento e contribuír á súa normalización social, así como apoiar ás persoas afectadas e ao seu contorno.
Área temática
Educación para a saúde
Grupo de idade
Poboación xeral
Tipo de recurso
Recursos de asociacións
Accesibilidade
-
Acceso
Aparcadoiro
Peonil
  • Tipo de titularidade
    Entidade sen ánimo de lucro
  • Gratuíto
    si non
  • Titular do recurso
    Asociación Española de Miocardiopatía Hiipertrófica
  • Teléfono de contacto
    -
  • Email do recurso
    sociosaemch@gmail.com
  • Redes sociais
  • Comunidade Autónoma
    Galicia
  • Provincia
    A Coruña
  • Municipio
    Oleiros
  • Tipo de vía
    Rúa
  • Enderezo
    Rio Ulla, Nº 22. Urbanización os Regos
  • Código postal
    15173
  • Información adicional (Observacións)
    -
Ningún
Dialogos entre pacientes e facultativos sobre os DAI
Actividades formativas 2026

Programa formativo dirixido a pacientes con miocardiopatía hipertrófica (MCH) da Área Sanitaria da Coruña, centrado na convivencia diaria co desfibrilador automático implantable (DAI).

Ao longo de varias sesións mensuais, pacientes e profesionais sanitarios do CHUAC compartirán información práctica e resolverán dúbidas sobre o funcionamento do DAI, o seu impacto na vida cotiá, as probas médicas, os tratamentos e o seguimento do dispositivo, fomentando unha atención participativa e próxima.

______________________________________

Programa:

1. Presentación: Xustificación e obxectivos. Enquisa de temas de interese. (06/02/2026)
Explicación do proxecto. Enquisa sobre os temas concretos que lle interesa debater
Os temas recollidos, serían tratados de forma agrupada nas sucesivas sesión.

2. O meu DAI e máis eu: Cuestións sobre as función específicas do DAI (05/03/2026)
Explicar os diferentes tipos de DAI e as función terapéuticas que cubran en función do modelo.

3. Como inflúe o DAI na miña vida cotián: hábitos, traballo e lecer (09/04/2026)
Comentar a repercusión do DAI na vida real.

4. Condicionantes do DAI nas miñas axendas médicas: probas médicas, terapias e
intervención (07/05/2026)
Explicación de como determinados procedementos médicos poden interferir co DAI, e a forma de resolvelo.

5. Colaborando co equipo de seguimento do DAI: plan de coidados, atención as alertas e comportamento ante terapias do DAI. (04/06/2026)
Tratar a prevención de disfuncións do DAI,o papel da Monitorización remota e cando debemos
contactar cos equipos de seguimento do DAI.

6. Pendente de confirmar taller dispositivos con Medtronic para pacientes y
familiares (02/07/2026)

____________________
Datas: de febreiro a xullo de 2026
Horario: primeiro xoves de cada mes, de 17:00 a 18:00
Lugar: CHUAC – Sala de docencia nº 1 (4ª planta)
Organiza: AEMCH Galicia, en colaboración coa Unidade de Cardiopatías Familiares do CHUAC.

____________

Inscrición e información:
- sociosaemch@gmail.com
- 711 234 692
Áreas temáticas que aborda a actividade
Educación para a saúde
Grupo de idade
Poboación xeral
Horario:
  • Luns a venres: -
  • Sábados: -
  • Domingos: -
Información adicional (Observacións)
As sesións serán na sala nº1 de docencia na 4º planta do CHUAC (Complexo Hospitalario Universitario A Coruña - As Xubias, 84, 15006, A Coruña).