Cobertura do recordo de meningococo ACWY
A estratexia de vacinación fronte a enfermidade meningocócica consta da administracións de dúas vacinas: a vacina fronte aos serotipos A, C, W e Y (Men ACWY) que consta dunha primeira dose aos 4 meses e dúas doses de recordo aos 12 meses e aos 12 anos; e a vacina fronte ao serotipo B (MenB), con dúas doses de inicio aos 2 e 4 meses e unha dose de recordo aos 12 meses. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.
No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte ao serotipo C da enfermidade meningocócica mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron unha dose de Men ACWY despois dos 10 anos de idade. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 1 dose desta vacina despois dos 10 anos e no denominador incluiranse todos os adolescentes da mesma cohorte de nacemento.
| Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Sexo | Enfermidade (Antígeno) | Dose | Cohorte | Porcentaxe |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Meningite meningocócica (Men ACWY) | Recordo 2 | 2013 | 90,59 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Meningite meningocócica (Men ACWY) | Recordo 2 | 2012 | 99,04 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Meningite meningocócica (Men ACWY) | Recordo 2 | 2010 | 97,41 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Meningite meningocócica (Men ACWY) | Recordo 2 | 2009 | 98,17 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Meningite meningocócica (Men ACWY) | Recordo 2 | 2008 | 97,53 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Meningite meningocócica (Men ACWY) | Recordo 2 | 2007 | 100,00 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Meningite meningocócica (Men ACWY) | Recordo 2 | 2006 | 7,13 |