Ir o contido principal

Cobertura do recordo de meningococo ACWY

A estratexia de vacinación fronte a enfermidade meningocócica consta da administracións de dúas vacinas: a vacina fronte aos serotipos A, C, W e Y (Men ACWY) que consta dunha primeira dose aos 4 meses e dúas doses de recordo aos 12 meses e aos 12 anos; e a vacina fronte ao serotipo B (MenB), con dúas doses de inicio aos 2 e 4 meses e unha dose de recordo aos 12 meses. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.

No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte ao serotipo C da enfermidade meningocócica mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron unha dose de Men ACWY despois dos 10 anos de idade. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 1 dose desta vacina despois dos 10 anos e no denominador incluiranse todos os adolescentes da mesma cohorte de nacemento.

Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros

Cobertura do recordo de meningococo ACWY