Fogares con carencia material severa
O indicador «Fogares con carencia material severa» representa o número de fogares que experimentan unha carencia material severa nunha determinada poboación ou territorio. Unha persoa vive nun fogar con carencia material severa cando ten carencia polo menos en catro conceptos dos seguintes:
- Non se pode permitir ir de vacacións polo menos unha semana ao ano
- Non se pode permitir unha comida de carne, polo ou pescado polo menos cada dous días
- Non se pode permitir manter a vivenda cunha temperatura adecuada
- Non ten capacidade para facer fronte a gastos imprevistos
- Tivo retrasos no pagamento de gastos relacionados coa vivenda principal (hipoteca ou alugueiro, gas, comunidade, etc.)
- Non se pode permitir dispoñer de coche
- Non se pode permitir dispoñer de teléfono (fixo ou móbil)
- Non se pode permitir dispoñer de televisor en color
- Non se pode permitir dispoñer de lavadora
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Total |
---|---|---|---|---|
2012 | Comunidade | 12 | Galicia | 78.574 |
2012 | Provincia | 15 | A Coruña | 33.416 |
2012 | Provincia | 27 | Lugo | 7.951 |
2012 | Provincia | 32 | Ourense | 9.957 |
2012 | Provincia | 36 | Pontevedra | 27.249 |
2011 | Comunidade | 12 | Galicia | 82.595 |
2011 | Provincia | 15 | A Coruña | 42.669 |
2011 | Provincia | 27 | Lugo | 8.855 |
2011 | Provincia | 32 | Ourense | 7.865 |
2011 | Provincia | 36 | Pontevedra | 23.207 |