Idade de experimentación co consumo de tabaco en xente nova
Idade de experimentación co consumo de tabaco en xente nova.
- Ámbito poboacional: Estudantes de 4.º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) residentes en Galicia.
- Indicador: Idade media, en anos, á que os estudantes de 4.º de ESO (15-16 anos maioritariamente) dan por primeira vez unha calada a un cigarro. Acompáñase de intervalos de confianza do 95 %.
- Fonte de datos: Sistema de Información sobre Condutas de Risco para a Saúde na Xuventude (SIX). O SIX recolle datos sobre condutas relacionadas coa saúde nos estudantes residentes en Galicia matriculados en 4.º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Neste curso o alumnado ten 15 anos a 31 de decembro, agás aqueles que repiten curso.