Índice de sobreenvellecemento
O índice de sobreenvellecemento é un indicador demográfico que representa a relación entre a poboación maior de 84 anos e a poboación maior de 64 anos expresada en porcentaxe, é dicir, o número de persoas de 85 ou máis anos por cada 100 de 65 ou máis anos.