Número de actuacións de control oficial realizadas no programa de vixilancia sanitaria da lexionelose
Definición: Este indicador achega información, sobre o número de actuacións de control oficial realizadas polo corpo inspector dentro do Programa de Vixilancia Sanitaria da Lexionelose.
Sendo un dos filtros os tipos de instalacións, definidos como:
- Torres de refrixeración (TR) e condensadores evaporativos (CE) que son sistemas que producen aerosois ao exterior ao arrefriar o aire usado en sistemas industriais e en aires acondicionados.
- Sistemas de auga quente sanitaria, que teñen un sistema de retorno (AQS), entendendo como tal o que move a auga continuamente dende puntos terminais ao acumulador, co fin de que a auga quente salga instantaneamente ao abrir as duchas das estancias afastadas do acumulador.
- Sistemas de climatización con axitación constante (SAC), inclúe os sistemas de auga climatizada ou con temperaturas similares ás climatizadas (≥ 24 ºC) e aerosolización, con/sen axitación e con/sen recirculación a través de chorros de alta velocidade ou a inxección de aire, vasos de piscinas polivalente con este tipo de instalacións, vasos de piscinas con dispositivos de xogo, zonas de xogos de auga, setas, cortinas, cascadas, entre outras.
- Outros sistemas de risco de lexionelose (outros), son sistemas non contemplados noutros indicadores, que poidan xerar aerosois e ser foco de propagación da lexionelose, como os contemplados no anexo I do Real decreto 487/2022, de 21 de xuño, polo que se establecen os requisitos sanitarios para a prevención e o control da lexionelose.
Este indicador axuda a que a poboación estea informada da actuación inspectora realizada para eliminar os riscos de propagar esta enfermidade infecciosa.
- Periodicidade: Anual a 31 de decembro de cada ano
- Marco: Programa de vixilancia sanitaria de lexionelose 2026-2030, cuxo obxectivo xeral é diminuír o risco de propagación da lexionelose, minimizando a probabilidade de exposición da poboación mediante a vixilancia e o control ambiental das instalacións de risco en Galicia.
| Período | Ámbito | Código espazo | Espazo | Tipo instalación | Total |
|---|---|---|---|---|---|
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Torres de refrixeración (TR) e condensadores evaporativos (CE) | 196 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Sistemas de auga quente sanitaria | 1.244 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Sistemas de climatización con axitación constante (SAC) | 71 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Outros sistemas de risco de lexionelose (outros) | 899 |
| 2025 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | 2.410 |
| 2025 | Provincia | 15 | A Coruña | Torres de refrixeración (TR) e condensadores evaporativos (CE) | 90 |
| 2025 | Provincia | 15 | A Coruña | Sistemas de auga quente sanitaria | 596 |
| 2025 | Provincia | 15 | A Coruña | Sistemas de climatización con axitación constante (SAC) | 43 |
| 2025 | Provincia | 15 | A Coruña | Outros sistemas de risco de lexionelose (outros) | 452 |
| 2025 | Provincia | 15 | A Coruña | Total | 1.181 |
| 2025 | Provincia | 27 | Lugo | Torres de refrixeración (TR) e condensadores evaporativos (CE) | 22 |
| 2025 | Provincia | 27 | Lugo | Sistemas de auga quente sanitaria | 293 |
| 2025 | Provincia | 27 | Lugo | Sistemas de climatización con axitación constante (SAC) | 4 |
| 2025 | Provincia | 27 | Lugo | Outros sistemas de risco de lexionelose (outros) | 209 |
| 2025 | Provincia | 27 | Lugo | Total | 528 |
| 2025 | Provincia | 32 | Ourense | Torres de refrixeración (TR) e condensadores evaporativos (CE) | 12 |
| 2025 | Provincia | 32 | Ourense | Sistemas de auga quente sanitaria | 157 |
| 2025 | Provincia | 32 | Ourense | Sistemas de climatización con axitación constante (SAC) | 2 |
| 2025 | Provincia | 32 | Ourense | Outros sistemas de risco de lexionelose (outros) | 74 |
| 2025 | Provincia | 32 | Ourense | Total | 245 |
| 2025 | Provincia | 36 | Pontevedra | Torres de refrixeración (TR) e condensadores evaporativos (CE) | 72 |
| 2025 | Provincia | 36 | Pontevedra | Sistemas de auga quente sanitaria | 198 |
| 2025 | Provincia | 36 | Pontevedra | Sistemas de climatización con axitación constante (SAC) | 22 |
| 2025 | Provincia | 36 | Pontevedra | Outros sistemas de risco de lexionelose (outros) | 164 |
| 2025 | Provincia | 36 | Pontevedra | Total | 456 |
| 2025 | Concello | 15001 | Abegondo | Torres de refrixeración (TR) e condensadores evaporativos (CE) | 0 |
| 2025 | Concello | 15001 | Abegondo | Sistemas de auga quente sanitaria | 2 |
| 2025 | Concello | 15001 | Abegondo | Sistemas de climatización con axitación constante (SAC) | 0 |
| 2025 | Concello | 15001 | Abegondo | Outros sistemas de risco de lexionelose (outros) | 0 |
| 2025 | Concello | 15001 | Abegondo | Total | 2 |
| 2025 | Concello | 15002 | Ames | Torres de refrixeración (TR) e condensadores evaporativos (CE) | 2 |
| 2025 | Concello | 15002 | Ames | Sistemas de auga quente sanitaria | 18 |
| 2025 | Concello | 15002 | Ames | Sistemas de climatización con axitación constante (SAC) | 1 |
| 2025 | Concello | 15002 | Ames | Outros sistemas de risco de lexionelose (outros) | 16 |
| 2025 | Concello | 15002 | Ames | Total | 37 |
| 2025 | Concello | 15005 | Arteixo | Torres de refrixeración (TR) e condensadores evaporativos (CE) | 11 |
| 2025 | Concello | 15005 | Arteixo | Sistemas de auga quente sanitaria | 13 |
| 2025 | Concello | 15005 | Arteixo | Sistemas de climatización con axitación constante (SAC) | 2 |
| 2025 | Concello | 15005 | Arteixo | Outros sistemas de risco de lexionelose (outros) | 23 |
| 2025 | Concello | 15005 | Arteixo | Total | 49 |
| 2025 | Concello | 15006 | Arzúa | Torres de refrixeración (TR) e condensadores evaporativos (CE) | 3 |
| 2025 | Concello | 15006 | Arzúa | Sistemas de auga quente sanitaria | 23 |
| 2025 | Concello | 15006 | Arzúa | Sistemas de climatización con axitación constante (SAC) | 4 |
| 2025 | Concello | 15006 | Arzúa | Outros sistemas de risco de lexionelose (outros) | 9 |
| 2025 | Concello | 15006 | Arzúa | Total | 39 |
| 2025 | Concello | 15007 | A Baña | Torres de refrixeración (TR) e condensadores evaporativos (CE) | 0 |
| 2025 | Concello | 15007 | A Baña | Sistemas de auga quente sanitaria | 2 |
| 2025 | Concello | 15007 | A Baña | Sistemas de climatización con axitación constante (SAC) | 0 |
| 2025 | Concello | 15007 | A Baña | Outros sistemas de risco de lexionelose (outros) | 0 |
| 2025 | Concello | 15007 | A Baña | Total | 2 |