Ir o contido principal

Número de persoas con invitación válida no PGDPCC

Número de persoas con invitación válida no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC).

En Galicia iníciase no ano 2013 a implantación do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC), completando a súa extensión xeográfica no ano 2019 e adiantándose 5 anos ao obxectivo proposto polo Ministerio de Sanidade. A invitación á poboación diana (homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia e con tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde) faise a través dunha carta ao domicilio, acompañada dun folleto explicativo xunto co material necesario para a toma da mostra das feces, que pode depositar en calquera centro de saúde da súa área de residencia, dende onde se remite ao laboratorio de referencia.

Se non se atopan restos de sangue nas feces, a proba considérase normal e en dous anos envíase de novo un kit para a nova recollida da mostra sen necesidade de nova carta de invitación. O participante entraría na súa segunda rolda de participación. Na actualidade, esta información envíase a través dunha mensaxe SMS ao teléfono móbil das persoas subscritas a este tipo de comunicación co SERGAS, ademais de estar dispoñible na plataforma É-Saúde. Por outra parte, as persoas nas que se detectan indicios de sangue oculta nas feces (o que consideramos resultado positivo), son citadas na consulta de atención primaria para explicarlles o significado deste resultado e a necesidade de realizar unha colonoscopia. Posteriormente, no hospital de referencia realízaselles unha colonoscopia de cribado, a cal ten carácter de diagnóstico e tamén terapéutico, xa que se trata de visualizar e extirpar todas as lesións detectadas.

Unha vez realizada a colonoscopia e extirpadas, de ser o caso, as lesións suxestivas de malignidade, o Programa realiza unha avaliación individual do risco en función do resultado da Anatomía Patolóxica, establecendo o seguimento adecuado para cada persoa segundo o establecido nas guías de calidade vixentes. Este resultado da avaliación comunícase por carta á persoa interesada. No caso de detección de cancro nalgún pólipo ou biopsia, o Programa xestiona directamente unha cita no servizo de dixestivo ou en cirurxía. As persoas que precisan un seguimento mediante colonoscopia continúan no Programa ata os 75 anos, formando parte da actividade rutineira do programa de cribado.

Este programa implica a actuación coordinada de Atención Primaria, Atención Hospitalaria e a Dirección Xeral de Saúde Pública. Todos os centros de saúde de Galicia que contan con circuíto de envío de mostras ao laboratorio participan no Programa. Ademais, nos centros de saúde lévanse a cabo as consultas de precolonoscopia dos casos positivos no test de SOF. Nos 7 hospitais de referencia, un por cada área sanitaria, analízanse as mostras de SOF, realízanse as colonoscopias dos casos con indicios de sangue e faise a análise anatomopatolóxica das mostras extirpadas na colonoscopia e tamén o tratamento das persoas cun diagnóstico de CCR. Na Dirección Xeral de Saúde Pública está centralizada toda a coordinación e xestión do Programa: envío de cartas de invitación, comunicación de resultados, envío de test, xestión de citas, seguimento de todas as persoas obxecto de cribado e avaliación dos resultados do Programa.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Sexo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Sexo Total
2023 Comunidade 12 Galicia Homes 202.148
2023 Comunidade 12 Galicia Mulleres 223.109
2023 Comunidade 12 Galicia Total 425.257
2023 Área sanitaria FE Ferrol Homes 12.988
2023 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 14.452
2023 Área sanitaria FE Ferrol Total 27.440
2023 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 23.492
2023 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 25.936
2023 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 49.428
2023 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 22.223
2023 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 25.233
2023 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 47.456
2023 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 44.531
2023 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 50.410
2023 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 94.941
2023 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 32.910
2023 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 36.165
2023 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 69.075
2023 Área sanitaria VI Vigo Homes 39.781
2023 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 43.903
2023 Área sanitaria VI Vigo Total 83.684
2023 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 26.223
2023 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 27.010
2023 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 53.233
2022 Comunidade 12 Galicia Homes 113.632
2022 Comunidade 12 Galicia Mulleres 126.828
2022 Comunidade 12 Galicia Total 240.460
2022 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 21.494
2022 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 24.361
2022 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 45.855
2022 Área sanitaria FE Ferrol Homes 9.046
2022 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 10.105
2022 Área sanitaria FE Ferrol Total 19.151
2022 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 12.353
2022 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 13.585
2022 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 25.938
2022 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 12.730
2022 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 14.078
2022 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 26.808
2022 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 12.246
2022 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 13.881
2022 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 26.127
2022 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 19.111
2022 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 20.356
2022 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 39.467
2022 Área sanitaria VI Vigo Homes 26.652
2022 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 30.462
2022 Área sanitaria VI Vigo Total 57.114
2021 Comunidade 12 Galicia Homes 261.466
2021 Comunidade 12 Galicia Mulleres 287.800