Ir o contido principal

Número de persoas con invitación válida no PGDPCC

Número de persoas con invitación válida no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC).

En Galicia iníciase no ano 2013 a implantación do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC), completando a súa extensión xeográfica no ano 2019 e adiantándose 5 anos ao obxectivo proposto polo Ministerio de Sanidade. A invitación á poboación diana (homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia e con tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde) faise a través dunha carta ao domicilio, acompañada dun folleto explicativo xunto co material necesario para a toma da mostra das feces, que pode depositar en calquera centro de saúde da súa área de residencia, dende onde se remite ao laboratorio de referencia.

Se non se atopan restos de sangue nas feces, a proba considérase normal e en dous anos envíase de novo un kit para a nova recollida da mostra sen necesidade de nova carta de invitación. O participante entraría na súa segunda rolda de participación. Na actualidade, esta información envíase a través dunha mensaxe SMS ao teléfono móbil das persoas subscritas a este tipo de comunicación co SERGAS, ademais de estar dispoñible na plataforma É-Saúde. Por outra parte, as persoas nas que se detectan indicios de sangue oculta nas feces (o que consideramos resultado positivo), son citadas na consulta de atención primaria para explicarlles o significado deste resultado e a necesidade de realizar unha colonoscopia. Posteriormente, no hospital de referencia realízaselles unha colonoscopia de cribado, a cal ten carácter de diagnóstico e tamén terapéutico, xa que se trata de visualizar e extirpar todas as lesións detectadas.

Unha vez realizada a colonoscopia e extirpadas, de ser o caso, as lesións suxestivas de malignidade, o Programa realiza unha avaliación individual do risco en función do resultado da Anatomía Patolóxica, establecendo o seguimento adecuado para cada persoa segundo o establecido nas guías de calidade vixentes. Este resultado da avaliación comunícase por carta á persoa interesada. No caso de detección de cancro nalgún pólipo ou biopsia, o Programa xestiona directamente unha cita no servizo de dixestivo ou en cirurxía. As persoas que precisan un seguimento mediante colonoscopia continúan no Programa ata os 75 anos, formando parte da actividade rutineira do programa de cribado.

Este programa implica a actuación coordinada de Atención Primaria, Atención Hospitalaria e a Dirección Xeral de Saúde Pública. Todos os centros de saúde de Galicia que contan con circuíto de envío de mostras ao laboratorio participan no Programa. Ademais, nos centros de saúde lévanse a cabo as consultas de precolonoscopia dos casos positivos no test de SOF. Nos 7 hospitais de referencia, un por cada área sanitaria, analízanse as mostras de SOF, realízanse as colonoscopias dos casos con indicios de sangue e faise a análise anatomopatolóxica das mostras extirpadas na colonoscopia e tamén o tratamento das persoas cun diagnóstico de CCR. Na Dirección Xeral de Saúde Pública está centralizada toda a coordinación e xestión do Programa: envío de cartas de invitación, comunicación de resultados, envío de test, xestión de citas, seguimento de todas as persoas obxecto de cribado e avaliación dos resultados do Programa.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Sexo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Sexo Total
2021 Comunidade 12 Galicia Total 549.266
2021 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 54.322
2021 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 61.448
2021 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 115.770
2021 Área sanitaria FE Ferrol Homes 17.244
2021 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 18.953
2021 Área sanitaria FE Ferrol Total 36.197
2021 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 34.374
2021 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 35.389
2021 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 69.763
2021 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 30.649
2021 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 33.195
2021 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 63.844
2021 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 27.589
2021 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 30.906
2021 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 58.495
2021 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 43.268
2021 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 47.762
2021 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 91.030
2021 Área sanitaria VI Vigo Homes 54.020
2021 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 60.147
2021 Área sanitaria VI Vigo Total 114.167
2020 Comunidade 12 Galicia Homes 35.609
2020 Comunidade 12 Galicia Mulleres 40.095
2020 Comunidade 12 Galicia Total 75.704
2020 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 8.851
2020 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 9.642
2020 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 18.493
2020 Área sanitaria FE Ferrol Homes 3.898
2020 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 4.476
2020 Área sanitaria FE Ferrol Total 8.374
2020 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 3.434
2020 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 3.783
2020 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 7.217
2020 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 4.408
2020 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 4.969
2020 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 9.377
2020 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 4.387
2020 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 5.089
2020 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 9.476
2020 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 4.369
2020 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 4.648
2020 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 9.017
2020 Área sanitaria VI Vigo Homes 6.262
2020 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 7.488
2020 Área sanitaria VI Vigo Total 13.750
2019 Comunidade 12 Galicia Homes 139.834
2019 Comunidade 12 Galicia Mulleres 152.861
2019 Comunidade 12 Galicia Total 292.695
2019 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 24.801