Ir o contido principal

Número de persoas con invitación válida no PGDPCC

Número de persoas con invitación válida no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC).

En Galicia iníciase no ano 2013 a implantación do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC), completando a súa extensión xeográfica no ano 2019 e adiantándose 5 anos ao obxectivo proposto polo Ministerio de Sanidade. A invitación á poboación diana (homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia e con tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde) faise a través dunha carta ao domicilio, acompañada dun folleto explicativo xunto co material necesario para a toma da mostra das feces, que pode depositar en calquera centro de saúde da súa área de residencia, dende onde se remite ao laboratorio de referencia.

Se non se atopan restos de sangue nas feces, a proba considérase normal e en dous anos envíase de novo un kit para a nova recollida da mostra sen necesidade de nova carta de invitación. O participante entraría na súa segunda rolda de participación. Na actualidade, esta información envíase a través dunha mensaxe SMS ao teléfono móbil das persoas subscritas a este tipo de comunicación co SERGAS, ademais de estar dispoñible na plataforma É-Saúde. Por outra parte, as persoas nas que se detectan indicios de sangue oculta nas feces (o que consideramos resultado positivo), son citadas na consulta de atención primaria para explicarlles o significado deste resultado e a necesidade de realizar unha colonoscopia. Posteriormente, no hospital de referencia realízaselles unha colonoscopia de cribado, a cal ten carácter de diagnóstico e tamén terapéutico, xa que se trata de visualizar e extirpar todas as lesións detectadas.

Unha vez realizada a colonoscopia e extirpadas, de ser o caso, as lesións suxestivas de malignidade, o Programa realiza unha avaliación individual do risco en función do resultado da Anatomía Patolóxica, establecendo o seguimento adecuado para cada persoa segundo o establecido nas guías de calidade vixentes. Este resultado da avaliación comunícase por carta á persoa interesada. No caso de detección de cancro nalgún pólipo ou biopsia, o Programa xestiona directamente unha cita no servizo de dixestivo ou en cirurxía. As persoas que precisan un seguimento mediante colonoscopia continúan no Programa ata os 75 anos, formando parte da actividade rutineira do programa de cribado.

Este programa implica a actuación coordinada de Atención Primaria, Atención Hospitalaria e a Dirección Xeral de Saúde Pública. Todos os centros de saúde de Galicia que contan con circuíto de envío de mostras ao laboratorio participan no Programa. Ademais, nos centros de saúde lévanse a cabo as consultas de precolonoscopia dos casos positivos no test de SOF. Nos 7 hospitais de referencia, un por cada área sanitaria, analízanse as mostras de SOF, realízanse as colonoscopias dos casos con indicios de sangue e faise a análise anatomopatolóxica das mostras extirpadas na colonoscopia e tamén o tratamento das persoas cun diagnóstico de CCR. Na Dirección Xeral de Saúde Pública está centralizada toda a coordinación e xestión do Programa: envío de cartas de invitación, comunicación de resultados, envío de test, xestión de citas, seguimento de todas as persoas obxecto de cribado e avaliación dos resultados do Programa.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Sexo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Sexo Total
2017 Área sanitaria FE Ferrol Homes 10.841
2017 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 12.057
2017 Área sanitaria FE Ferrol Total 22.898
2017 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 19.056
2017 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 19.102
2017 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 38.158
2017 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 17.303
2017 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 18.810
2017 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 36.113
2017 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 16.276
2017 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 17.727
2017 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 34.003
2017 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 21.316
2017 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 23.810
2017 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 45.126
2017 Área sanitaria VI Vigo Homes 8.485
2017 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 9.725
2017 Área sanitaria VI Vigo Total 18.210
2016 Comunidade 12 Galicia Homes 54.045
2016 Comunidade 12 Galicia Mulleres 58.671
2016 Comunidade 12 Galicia Total 112.716
2016 Área sanitaria FE Ferrol Homes 10.146
2016 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 11.340
2016 Área sanitaria FE Ferrol Total 21.486
2016 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 6.789
2016 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 7.003
2016 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 13.792
2016 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 18.748
2016 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 19.764
2016 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 38.512
2016 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 11.845
2016 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 13.108
2016 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 24.953
2016 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 6.517
2016 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 7.456
2016 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 13.973
2015 Comunidade 12 Galicia Homes 22.205
2015 Comunidade 12 Galicia Mulleres 25.551
2015 Comunidade 12 Galicia Total 47.756
2015 Área sanitaria FE Ferrol Homes 11.637
2015 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 13.393
2015 Área sanitaria FE Ferrol Total 25.030
2015 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 10.568
2015 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 12.158
2015 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 22.726
2014 Comunidade 12 Galicia Homes 7.726
2014 Comunidade 12 Galicia Mulleres 8.210
2014 Comunidade 12 Galicia Total 15.936
2014 Área sanitaria FE Ferrol Homes 7.726
2014 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 8.210