Ir o contido principal

Número de persoas con invitación válida no PGDPCC

Número de persoas con invitación válida no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC).

En Galicia iníciase no ano 2013 a implantación do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC), completando a súa extensión xeográfica no ano 2019 e adiantándose 5 anos ao obxectivo proposto polo Ministerio de Sanidade. A invitación á poboación diana (homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia e con tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde) faise a través dunha carta ao domicilio, acompañada dun folleto explicativo xunto co material necesario para a toma da mostra das feces, que pode depositar en calquera centro de saúde da súa área de residencia, dende onde se remite ao laboratorio de referencia.

Se non se atopan restos de sangue nas feces, a proba considérase normal e en dous anos envíase de novo un kit para a nova recollida da mostra sen necesidade de nova carta de invitación. O participante entraría na súa segunda rolda de participación. Na actualidade, esta información envíase a través dunha mensaxe SMS ao teléfono móbil das persoas subscritas a este tipo de comunicación co SERGAS, ademais de estar dispoñible na plataforma É-Saúde. Por outra parte, as persoas nas que se detectan indicios de sangue oculta nas feces (o que consideramos resultado positivo), son citadas na consulta de atención primaria para explicarlles o significado deste resultado e a necesidade de realizar unha colonoscopia. Posteriormente, no hospital de referencia realízaselles unha colonoscopia de cribado, a cal ten carácter de diagnóstico e tamén terapéutico, xa que se trata de visualizar e extirpar todas as lesións detectadas.

Unha vez realizada a colonoscopia e extirpadas, de ser o caso, as lesións suxestivas de malignidade, o Programa realiza unha avaliación individual do risco en función do resultado da Anatomía Patolóxica, establecendo o seguimento adecuado para cada persoa segundo o establecido nas guías de calidade vixentes. Este resultado da avaliación comunícase por carta á persoa interesada. No caso de detección de cancro nalgún pólipo ou biopsia, o Programa xestiona directamente unha cita no servizo de dixestivo ou en cirurxía. As persoas que precisan un seguimento mediante colonoscopia continúan no Programa ata os 75 anos, formando parte da actividade rutineira do programa de cribado.

Este programa implica a actuación coordinada de Atención Primaria, Atención Hospitalaria e a Dirección Xeral de Saúde Pública. Todos os centros de saúde de Galicia que contan con circuíto de envío de mostras ao laboratorio participan no Programa. Ademais, nos centros de saúde lévanse a cabo as consultas de precolonoscopia dos casos positivos no test de SOF. Nos 7 hospitais de referencia, un por cada área sanitaria, analízanse as mostras de SOF, realízanse as colonoscopias dos casos con indicios de sangue e faise a análise anatomopatolóxica das mostras extirpadas na colonoscopia e tamén o tratamento das persoas cun diagnóstico de CCR. Na Dirección Xeral de Saúde Pública está centralizada toda a coordinación e xestión do Programa: envío de cartas de invitación, comunicación de resultados, envío de test, xestión de citas, seguimento de todas as persoas obxecto de cribado e avaliación dos resultados do Programa.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Sexo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Sexo Total
2020 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 4.461
2020 Área sanitaria FE Ferrol Total 8.334
2020 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 4.380
2020 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 4.943
2020 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 9.323
2020 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 4.354
2020 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 5.071
2020 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 9.425
2020 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 3.401
2020 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 3.755
2020 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 7.156
2020 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 4.330
2020 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 4.614
2020 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 8.944
2020 Área sanitaria VI Vigo Homes 6.196
2020 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 7.425
2020 Área sanitaria VI Vigo Total 13.621
2020 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 8.778
2020 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 9.569
2020 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 18.347
2019 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 10.512
2019 Área sanitaria FE Ferrol Total 19.830
2019 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 17.638
2019 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 18.620
2019 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 36.258
2019 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 16.435
2019 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 18.213
2019 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 34.648
2019 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 19.374
2019 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 19.751
2019 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 39.125
2019 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 23.158
2019 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 26.600
2019 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 49.758
2019 Área sanitaria VI Vigo Homes 28.744
2019 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 30.525
2019 Área sanitaria VI Vigo Total 59.269
2019 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 24.697
2019 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 28.252
2019 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 52.949
2019 Comunidade 12 Galicia Homes 139.364
2019 Comunidade 12 Galicia Mulleres 152.473
2019 Comunidade 12 Galicia Total 291.837
2019 Área sanitaria FE Ferrol Homes 9.318
2018 Comunidade 12 Galicia Homes 164.002
2018 Comunidade 12 Galicia Mulleres 176.638
2018 Comunidade 12 Galicia Total 340.640
2018 Área sanitaria FE Ferrol Homes 10.655
2018 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 11.861
2018 Área sanitaria FE Ferrol Total 22.516