Ir o contido principal

Persoas maiores de 64 que viven en fogares unipersoais

Este indicador proporciona información sobre o número de persoas maiores de 64 anos que residen en fogares unipersoais nunha poboación e período de tempo específicos. A análise deste indicador é importante para entender as condicións de vida e o benestar das persoas maiores e pode ter implicacións sociais e de políticas públicas.

Na Enquisa estrutural a fogares para establecer se unha persoa é membro ou non dun fogar, tense en conta se pernocta habitualmente catro ou máis noites á semana na vivenda (persoa presente) ou se non o fai (persoa ausente).

  • As persoas presentes son membros do fogar se levan tres ou máis meses presentes, tanto se ocupan outra vivenda permanentemente coma se non, e se levan menos de tres meses presentes e non ocupan outra vivenda permanentemente. 
  • As persoas ausentes son membros do fogar se levan menos de tres meses ausentes e non ocupan outra vivenda permanentemente.

Existen as seguintes excepcións:

  • Persoal doméstico interno, que é membro do fogar agás que teña outro fogar que considere como o seu fogar principal.
  • Persoas desprazadas temporalmente a outro lugar, que son membros do fogar no que está o seu núcleo familiar. Entre eles están:
    • Varóns que cumpren o servizo militar (ata o ano 2001)
    • Enfermos en sanatorios.
    • Persoas en viaxes de negocio ou lecer.
    • Pescadores no mar.
    • Persoal navegante de compañías aéreas ou marítimas, nacionais ou estranxeiras.
    • Persoal desprazado por coidado de familiares.
  • Estudantes e traballadores desprazados temporalmente, que se consideran membros do fogar se pensan volver reunirse co núcleo familiar cando finalice a causa pola que se desprazaron. No caso de descoñecer esta circunstancia, son membros do fogar se levan ausentes menos dun ano.

 

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Total
2022 Comunidade 12 Galicia 123.258
2021 Comunidade 12 Galicia 127.296
2020 Comunidade 12 Galicia 123.904
2019 Comunidade 12 Galicia 122.731
2018 Comunidade 12 Galicia 129.241
2017 Comunidade 12 Galicia 117.852
2016 Comunidade 12 Galicia 114.906
2015 Comunidade 12 Galicia 121.297
2014 Comunidade 12 Galicia 119.552
2013 Comunidade 12 Galicia 121.988
2012 Comunidade 12 Galicia 111.667
2011 Comunidade 12 Galicia 116.554
2010 Comunidade 12 Galicia 121.246
2009 Comunidade 12 Galicia 111.335
2008 Comunidade 12 Galicia 114.856
2007 Comunidade 12 Galicia 110.941