Ir o contido principal

Persoas maiores de 64 que viven en fogares unipersoais

Este indicador proporciona información sobre o número de persoas maiores de 64 anos que residen en fogares unipersoais nunha poboación e período de tempo específicos. A análise deste indicador é importante para entender as condicións de vida e o benestar das persoas maiores e pode ter implicacións sociais e de políticas públicas.

Na Enquisa estrutural a fogares para establecer se unha persoa é membro ou non dun fogar, tense en conta se pernocta habitualmente catro ou máis noites á semana na vivenda (persoa presente) ou se non o fai (persoa ausente).

  • As persoas presentes son membros do fogar se levan tres ou máis meses presentes, tanto se ocupan outra vivenda permanentemente coma se non, e se levan menos de tres meses presentes e non ocupan outra vivenda permanentemente. 
  • As persoas ausentes son membros do fogar se levan menos de tres meses ausentes e non ocupan outra vivenda permanentemente.

Existen as seguintes excepcións:

  • Persoal doméstico interno, que é membro do fogar agás que teña outro fogar que considere como o seu fogar principal.
  • Persoas desprazadas temporalmente a outro lugar, que son membros do fogar no que está o seu núcleo familiar. Entre eles están:
    • Varóns que cumpren o servizo militar (ata o ano 2001)
    • Enfermos en sanatorios.
    • Persoas en viaxes de negocio ou lecer.
    • Pescadores no mar.
    • Persoal navegante de compañías aéreas ou marítimas, nacionais ou estranxeiras.
    • Persoal desprazado por coidado de familiares.
  • Estudantes e traballadores desprazados temporalmente, que se consideran membros do fogar se pensan volver reunirse co núcleo familiar cando finalice a causa pola que se desprazaron. No caso de descoñecer esta circunstancia, son membros do fogar se levan ausentes menos dun ano.

 

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
O gráfico representa
Período
Ámbito
Espazo