Ir o contido principal

Porcentaxe de persoas con proba entregada válida PGDPCC

Porcentaxe de persoas con proba entregada válida como parte do Programa de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC).

En Galicia iníciase no ano 2013 a implantación do Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, completando a súa extensión xeográfica no ano 2019 e adiantándose 5 anos ao obxectivo proposto polo Ministerio de Sanidade. A invitación á poboación diana (homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia e con tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde) faise a través dunha carta ó domicilio, acompañada dun folleto explicativo xunto co material necesario para a toma da mostra das feces, que pode depositar en calquera centro de saúde da súa área de residencia, dende onde se remite ao laboratorio de referencia.

Se non se atopan restos de sangue nas feces, a proba considérase normal e en dous anos envíase de novo un kit para a nova recollida da mostra sen necesidade de nova carta de invitación. O participante entraría na súa segunda rolda de participación. Na actualidade, esta información envíase a través dunha mensaxe SMS ao teléfono móbil das persoas subscritas a este tipo de comunicación co Servizo Galego de Saúde, ademais de estar dispoñible na plataforma É-saúde. Por outra parte, as persoas nas que se detectan indicios de sangue oculta nas feces (o que consideramos resultado positivo), son citadas na consulta de atención primaria para explicarlles o significado deste resultado e a necesidade de realizar unha colonoscopia. Posteriormente, no hospital de referencia realízaselles unha colonoscopia de cribado, a cal ten carácter de diagnóstico e tamén terapéutico, xa que se trata de visualizar e extirpar todas as lesiones detectadas.

Unha vez realizada a colonoscopia e extirpadas, de ser o caso, as lesións suxestivas de malignidade, o Programa realiza unha avaliación individual do risco en función do resultado da Anatomía Patolóxica, establecendo o seguimento adecuado para cada persoa segundo o establecido nas Guias de calidade vixentes. Este resultado da avaliación comunícase por carta á persoa interesada. No caso de detección de cancro nalgún pólipo ou biopsia, o Programa xestiona directamente unha cita no servizo de Dixestivo ou en Cirurxía. As persoas que precisan un seguimento mediante colonoscopia continúan no Programa ata os 75 anos, formando parte da actividade rutineira do programa de cribado.

Este programa implica a actuación coordinada de Atención Primaria, Atención Hospitalaria e a Dirección Xeral de Saúde Pública. Todos os centros de saúde de Galicia que contan con circuíto de envío de mostras ao laboratorio participan no Programa. Ademais, nos centros de saúde lévanse a cabo as consultas de precolonoscopia dos casos positivos no test de SOF. Nos 7 hospitais de referencia, un por cada área sanitaria, analízanse as mostras de SOF, realízanse as colonoscopias dos casos con indicios de sangue e faise a análise anatomopatolóxica das mostras extirpadas na colonoscopia e tamén o tratamento das persoas cun diagnóstico de CCR. Na Dirección Xeral de Saúde Pública está centralizada toda a coordinación e xestión do Programa: envío de cartas de invitación, comunicación de resultados, envío de test, xestión de citas, seguimento de tódalas persoas obxecto de cribado e avaliación dos resultados do Programa.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Sexo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Sexo Porcentaxe
2021 Comunidade 12 Galicia Total 46,87
2021 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 42,80
2021 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 48,70
2021 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 45,98
2021 Área sanitaria FE Ferrol Homes 47,70
2021 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 56,80
2021 Área sanitaria FE Ferrol Total 52,48
2021 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 40,60
2021 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 48,50
2021 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 44,61
2021 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 41,60
2021 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 49,40
2021 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 45,67
2021 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 41,30
2021 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 48,00
2021 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 44,88
2021 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 47,70
2021 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 55,40
2021 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 51,70
2021 Área sanitaria VI Vigo Homes 41,80
2021 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 48,20
2021 Área sanitaria VI Vigo Total 45,20
2020 Comunidade 12 Galicia Homes 46,90
2020 Comunidade 12 Galicia Mulleres 54,40
2020 Comunidade 12 Galicia Total 50,86
2020 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 46,40
2020 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Mulleres 54,80
2020 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Total 50,77
2020 Área sanitaria FE Ferrol Homes 46,30
2020 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 53,50
2020 Área sanitaria FE Ferrol Total 50,14
2020 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 48,50
2020 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 55,30
2020 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 52,04
2020 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 52,60
2020 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 63,40
2020 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 58,30
2020 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 54,10
2020 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 61,10
2020 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 57,86
2020 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 43,00
2020 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 50,40
2020 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 46,83
2020 Área sanitaria VI Vigo Homes 40,90
2020 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 45,80
2020 Área sanitaria VI Vigo Total 43,54
2019 Comunidade 12 Galicia Homes 41,63
2019 Comunidade 12 Galicia Mulleres 48,90
2019 Comunidade 12 Galicia Total 45,47
2019 Área sanitaria CO A Coruña e Cee Homes 37,00