Ir o contido principal

Porcentaxe de persoas con proba entregada válida PGDPCC

Porcentaxe de persoas con proba entregada válida como parte do Programa de Detección Precoz do Cancro Colorrectal (PGDPCC).

En Galicia iníciase no ano 2013 a implantación do Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal, completando a súa extensión xeográfica no ano 2019 e adiantándose 5 anos ao obxectivo proposto polo Ministerio de Sanidade. A invitación á poboación diana (homes e mulleres de 50 a 69 anos residentes en Galicia e con tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde) faise a través dunha carta ó domicilio, acompañada dun folleto explicativo xunto co material necesario para a toma da mostra das feces, que pode depositar en calquera centro de saúde da súa área de residencia, dende onde se remite ao laboratorio de referencia.

Se non se atopan restos de sangue nas feces, a proba considérase normal e en dous anos envíase de novo un kit para a nova recollida da mostra sen necesidade de nova carta de invitación. O participante entraría na súa segunda rolda de participación. Na actualidade, esta información envíase a través dunha mensaxe SMS ao teléfono móbil das persoas subscritas a este tipo de comunicación co Servizo Galego de Saúde, ademais de estar dispoñible na plataforma É-saúde. Por outra parte, as persoas nas que se detectan indicios de sangue oculta nas feces (o que consideramos resultado positivo), son citadas na consulta de atención primaria para explicarlles o significado deste resultado e a necesidade de realizar unha colonoscopia. Posteriormente, no hospital de referencia realízaselles unha colonoscopia de cribado, a cal ten carácter de diagnóstico e tamén terapéutico, xa que se trata de visualizar e extirpar todas as lesiones detectadas.

Unha vez realizada a colonoscopia e extirpadas, de ser o caso, as lesións suxestivas de malignidade, o Programa realiza unha avaliación individual do risco en función do resultado da Anatomía Patolóxica, establecendo o seguimento adecuado para cada persoa segundo o establecido nas Guias de calidade vixentes. Este resultado da avaliación comunícase por carta á persoa interesada. No caso de detección de cancro nalgún pólipo ou biopsia, o Programa xestiona directamente unha cita no servizo de Dixestivo ou en Cirurxía. As persoas que precisan un seguimento mediante colonoscopia continúan no Programa ata os 75 anos, formando parte da actividade rutineira do programa de cribado.

Este programa implica a actuación coordinada de Atención Primaria, Atención Hospitalaria e a Dirección Xeral de Saúde Pública. Todos os centros de saúde de Galicia que contan con circuíto de envío de mostras ao laboratorio participan no Programa. Ademais, nos centros de saúde lévanse a cabo as consultas de precolonoscopia dos casos positivos no test de SOF. Nos 7 hospitais de referencia, un por cada área sanitaria, analízanse as mostras de SOF, realízanse as colonoscopias dos casos con indicios de sangue e faise a análise anatomopatolóxica das mostras extirpadas na colonoscopia e tamén o tratamento das persoas cun diagnóstico de CCR. Na Dirección Xeral de Saúde Pública está centralizada toda a coordinación e xestión do Programa: envío de cartas de invitación, comunicación de resultados, envío de test, xestión de citas, seguimento de tódalas persoas obxecto de cribado e avaliación dos resultados do Programa.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Sexo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Sexo Porcentaxe
2017 Área sanitaria FE Ferrol Homes 47,40
2017 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 54,30
2017 Área sanitaria FE Ferrol Total 51,00
2017 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 41,70
2017 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 48,30
2017 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 45,00
2017 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 40,40
2017 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 49,00
2017 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 44,91
2017 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 39,10
2017 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 45,70
2017 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 42,55
2017 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 43,40
2017 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 49,70
2017 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 46,71
2017 Área sanitaria VI Vigo Homes 35,40
2017 Área sanitaria VI Vigo Mulleres 37,30
2017 Área sanitaria VI Vigo Total 36,39
2016 Comunidade 12 Galicia Homes 45,50
2016 Comunidade 12 Galicia Mulleres 53,00
2016 Comunidade 12 Galicia Total 49,40
2016 Área sanitaria FE Ferrol Homes 51,00
2016 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 60,30
2016 Área sanitaria FE Ferrol Total 55,92
2016 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Homes 45,20
2016 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Mulleres 51,40
2016 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos Total 48,35
2016 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 44,60
2016 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 52,80
2016 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 48,83
2016 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Homes 43,60
2016 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Mulleres 49,30
2016 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés Total 45,94
2016 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Homes 44,20
2016 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Mulleres 51,70
2016 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza Total 48,19
2015 Comunidade 12 Galicia Homes 45,50
2015 Comunidade 12 Galicia Mulleres 51,90
2015 Comunidade 12 Galicia Total 49,05
2015 Área sanitaria FE Ferrol Homes 46,00
2015 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 52,90
2015 Área sanitaria FE Ferrol Total 49,68
2015 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Homes 45,20
2015 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Mulleres 51,00
2015 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras Total 48,35
2014 Comunidade 12 Galicia Homes 47,10
2014 Comunidade 12 Galicia Mulleres 53,80
2014 Comunidade 12 Galicia Total 50,72
2014 Área sanitaria FE Ferrol Homes 47,30
2014 Área sanitaria FE Ferrol Mulleres 53,90