Prevalencia de consumo de bebidas alcohólicas en mulleres durante o embarazo (datos autodeclarados)
Prevalencia de consumo de alcohol en mulleres durante o embarazo (datos autodeclarados).
- Ámbito poboacional: Mulleres residentes en Galicia de 18 a 50 anos que deron a luz un fillo vivo entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de 2016.
- Indicador: Porcentaxe de mulleres que consumiron bebidas alcohólicas durante o embarazo. Acompáñase de intervalos de confianza do 95%.
- Fonte de datos: Sistema de Información sobre Condutas de Risco de Galicia (SICRI), monográfico do ano 2016 sobre saúde materno-infantil. O SICRI-2016 realizouse co obxectivo de coñecer comportamentos, actitudes e experiencias que aconteceron antes, durante e despois de que unha muller maior de idade dese a luz un fillo vivo en Galicia entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de 2016. Ademais, obtívose información sobre os nenos e nenas, que tiñan entre 3 e 16 meses na data da entrevista.
Ver filtros
Ocultar filtros
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Sexo | Grupo Idade | Prevalencia | Límite inferior (IC95%) | Límite superior (IC95%) |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | Total | Mulleres embarazadas | 2,67 | 2,28 | 3,13 |
2016 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | Total | Total | 2,65 | 1,88 | 3,71 |
2016 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | Total | Total | 1,85 | 1,18 | 2,90 |
2016 | Área sanitaria | FE | Ferrol | Total | Total | 2,23 | 1,16 | 4,25 |
2016 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | Total | Total | 1,85 | 1,06 | 3,22 |
2016 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | Total | Total | 1,70 | 0,90 | 3,16 |
2016 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | Total | Total | 3,81 | 2,64 | 5,45 |
2016 | Área sanitaria | VI | Vigo | Total | Total | 3,48 | 2,57 | 4,69 |