Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco no traballo en adultos (datos autodeclarados)
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco no traballo en adultos (datos autodeclarados).
- Ámbito poboacional: Residentes en Galicia de 16 anos e máis.
- Indicador: Porcentaxe de persoas que estudan ou traballan e que estiveron expostas ao fume ambiental de tabaco no seu centro de estudo ou traballo, a diario ou de xeito ocasional, nos últimos 7 días; faise referencia explícita á exposición en lugares pechados. Acompáñase de intervalos de confianza do 95%.
- Fonte de datos: Sistema de Información sobre Condutas de Risco de Galicia (SICRI). O SICRI recolle datos sobre condutas relacionadas coa saúde mediante a realización de enquisas anuais telefónicas entre a poboación residente en Galicia de 16 anos e máis.