Prevalencia do consumo de tabaco en mozos
Prevalencia do consumo de tabaco en mozos.
- Ámbito poboacional: Estudantes de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) residentes en Galicia.
- Indicador: Porcentaxe de estudantes de 4º de ESO (15-16 anos maioritariamente) que fuman, a diario ou de xeito ocasional, algún elaborado do tabaco. Acompáñase de intervalos de confianza do 95%.
- Fonte de datos: Sistema de Información sobre Condutas de Risco para a saúde na Xuventude (SIX). O SIX recolle datos sobre condutas relacionadas coa saúde nos estudantes residentes en Galicia matriculados en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Neste curso o alumnado ten 15 anos a 31 de decembro, excepto aqueles que repiten curso.