Porcentaxe de poboación abastecida por zonas no SINAC
Definición: O “Sistema de Información Nacional de Agua de Consumo” (SINAC) é un sistema de información sanitario que recolle datos, accesibles ao cidadán, sobre as características dos abastecementos e a calidade da auga de consumo humano. Neste sistema reúnese de forma obrigatoria a información dos abastecementos que subministran máis de 10 metros cúbicos ao ano e tamén a información de aqueles máis pequeños que de forma voluntaria comparten os seus datos.
No seguinte link pode acceder a eles: https://sinacv2.sanidad.gob.es/CiudadanoWeb/ciudadano/inicioCiudadanoAction.do
A porcentaxe de poboación que non recibe subministro con cobertura do SINAC corresponde a aquela para a que non existen datos no dito sistema de información ou a pobación abastecida por subministros menores a 10 metros cúbicos que teñan feito uso da súa exención.
- Periodicidade: Anual
- Marco: Programa vixilancia sanitaria de augas de consumo 2022-2025, cuxo Obxectivo Xeral é diminuír o risco de morbilidade asociado ao consumo de auga.
Taxa de participación no Programa de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).
Taxa de detección por 1.000 mulleres exploradas dentro do marco do Programa de Detección Precoz do...
Porcentaxe de persoas con cancro en estadio 0 e I do total con cancro como parte do Programa de...
O indicador «Concentración atmosférica de pole potencialmente alerxénico» é un recurso inestimable...
Calidade ambiental do aire