Porcentaxe de poboación entre 6 e 59 meses vacinada da gripe
A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, realiza ininterrompidamente desde o ano 1991 a campaña anual de vacinación antigripal, aproximadamente entre os meses de outubro e decembro.
Esta enfermidade pode ser grave e incluso mortal, especialmente nalgúns grupos, tales como as persoas maiores, as mulleres embarazadas e aquelas persoas con condiciones médicas que as predispoñan ao padecemento de complicacións por esta enfermidade.
O obxectivo desta vacinación anual é reducir a mortalidade, a morbilidade e os custos socioeconómicos asociados ao seu padecemento. Por iso ofrécese de maneira gratuíta ás persoas incluídas nos grupos de risco co fin de conseguir unhas adecuadas coberturas.
No ano 2022 ademais incorporouse a protección na poboación infantil (nenos e nenas de 6 a 59 meses) dada a alta carga da enfermidade e as taxas de hospitalización neste grupo de idade, incluíndo complicacións, infeccións bacterianas secundarias e consumo de antibióticos asociados. Ademais a vacinación na infancia diminúe tamén a enfermidade noutros grupos de idade ao reducir a transmisión dos nenos/as aos maiores.
A vacina da gripe reformúlase todos os anos debido ás variacións que se producen nos virus gripais, co obxecto de que concorden o máis posible os virus incluídos na vacina cos virus circulantes e todas elas deben conter as cepas especificadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS).
Idade media de inicio do consumo de tabaco en poboación de 15-64 anos.
Idade media de inicio do consumo de cánnabis en poboación de 15-64 anos.
Prevalencia do consumo de hipnosedantes sen receita médica no último ano en poboación de 15-64 anos.
Prevalencia do consumo de bebidas enerxéticas no último mes en poboación de 15-64 anos.
Prevalencia do xogo con cartos fóra da internet no último ano en poboación de 15-64 anos.
Prevalencia do uso de videoxogos no último ano en poboación de 14-18 anos.
Prevalencia do xogo con cartos na internet no último ano en poboación de 15-64 anos.
Este indicador ofrece información sobre a distribución da poboación en grandes grupos de idade na...
Este indicador proporciona información sobre o número de persoas maiores de 64 anos que residen en...
Este indicador ofrece información sobre a poboación estranxeira nunha zona ou país específico...
A taxa bruta de natalidade é un indicador demográfico que reflicte o número de nacementos nunha...
Esta taxa bruta de natalidade, desagregada segundo a nacionalidade (española ou estranxeira) das...
Este indicador reflicte a porcentaxe de nacementos que ocorren en mulleres menores de 20 anos con...
O Índice de dependencia global é un indicador demográfico que representa a relación entre os grupos...
O Índice de dependencia senil é un indicador demográfico que representa a relación entre a poboación...
O índice de envellecemento é un indicador demográfico que representa a relación entre a poboación...
O índice de sobreenvellecemento é un indicador demográfico que representa a relación entre a...
A taxa de risco de pobreza ou exclusión social é un indicador socioeconómico que representa a...
O indicador «Fogares con carencia material severa» representa o número de fogares que experimentan...
O indicador «Desemprego de longa duración» representa a porcentaxe de poboación activa que estivo...