Porcentaxe de poboación maior de 60 anos vacinada da gripe
A Consellería de Sanidade a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, realiza ininterrompidamente desde o ano 1991 a campaña anual de vacinación antigripal, aproximadamente entre os meses de outubro e decembro.
Esta enfermidade pode ser grave e incluso mortal, especialmente nalgúns grupos, tales como as persoas maiores, as mulleres embarazadas e aquelas persoas con condicións médicas que as predispoñan ao padecemento de complicacións por esta enfermidade.
O obxectivo desta vacinación anual é reducir a mortalidade, a morbilidade e os custos socioeconómicos asociados ao seu padecemento. Por iso ofrécese de maneira gratuíta ás persoas incluídas nos grupos de risco co fin de conseguir unhas adecuadas coberturas.
No ano 2022 ademais incorporouse a protección na poboación infantil (nenos e nenas de 6 a 59 meses) dada a alta carga da enfermidade e as taxas de hospitalización neste grupo de idade, incluíndo complicacións, infeccións bacterianas secundarias e consumo de antibióticos asociados. Ademais a vacinación na infancia diminúe tamén a enfermidade noutros grupos de idade ao reducir a transmisión dos nenos/as aos maiores.
A vacina da gripe reformúlase todos os anos debido ás variacións que se producen nos virus gripais, co obxecto de que concorden o máis posible os virus incluídos na vacina cos virus circulantes e todas elas deben conter as cepas especificadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS).
Dende 2022, amósanse os indicadores para a poboación de risco por idade en dous tramos (60 e máis anos, 80 e máis anos). Ata esa data, o indicador construíase só para a poboación de 65 e máis anos.
O indicador de persoas con baixos niveis educativos representa a porcentaxe de poboación de 25 a 64...
O indicador do abandono educativo temperán representa a porcentaxe de poboación entre 18 e 24 anos...
Prevalencia do consumo de tabaco en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia do consumo de tabaco en mozos.
Prevalencia do consumo de tabaco en mulleres de 18 a 44 anos (datos autodeclarados).
Prevalencia do consumo de tabaco en mulleres durante o embarazo (datos autodeclarados).
Idade de experimentación co consumo de tabaco en xente nova.
Idade de consolidación do consumo de tabaco en mozos.
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco na casa en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco no traballo en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco no lecer en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco na casa en mozos.
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco no lecer en mozos.
Prevalencia do consumo diario de froita en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia do consumo diario de froita en mozos.
Prevalencia do consumo diario de vexetais en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia do consumo diario de vexetais en mozos.
Prevalencia de sedentarismo en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia do sedentarismo en mozos.