Porcentaxe de poboación maior de 80 anos vacinada de covid
Tras as primeiras campañas de inmunización poboacional frente ao coronavirus SARS-CoV-2 iniciadas a finais de 2020, a estratexia actual de vacinación fronte á COVID-19 diríxese a protexer a poboación máis vulnerable da enfermidade grave causada polo virus.
Aínda que o SARS-CoV-2 non ten un marcado carácter estacional, en xeral os virus respiratorios circulan máis e causan máis patoloxía durante o outono e o inverno. Por iso, no 2023 estableceuse unha campaña de vacinación estacional fronte á COVID-19 a partir de finais de setembro. A campaña organizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública estendeuse ata o 26 de xaneiro de 2024, e realizouse de maneira conxunta coa campaña da gripe.
Como en ocasións anteriores, realizouse unha convocatoria activa a través de SMS para facilitar a organización da campaña e empregáronse recintos de alta capacidade en todas as áreas sanitarias que permitiron vacinar un gran número de persoas nun menor tempo. Tamén se ofreceu a vacinación dende os centros de saúde de cabeceira para as persoas de 80 e máis anos e para todas aquelas persoas con problemas de mobilidade. No caso das persoas internas en residencias ou centros de discapacidade, a vacinación realizouse in situ nos propios centros.
O obxectivo da vacinación fronte á COVID-19 é reducir a morbimortalidade polo virus, xa que aínda que causa unha infección respiratoria que adoita ser leve e que se autoresolve en poucos días, pódese agravar e ser incluso mortal, especialmente nalgúns grupos de persoas máis vulnerables pola idade ou por situacións de inmunosupresión
A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, realiza ininterrompidamente...
A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, realiza ininterrompidamente...
Este indicador mide a porcentaxe de nenos que recibiron a vacina hexavalente, que inclúe protección...
A Consellería de Sanidade a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, realiza ininterrompidamente...
A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, realiza ininterrompidamente...
Tras as primeiras campañas de inmunización poboacional frente ao coronavirus SARS-CoV-2 iniciadas a...
Este indicador fai referencia á porcentaxe de nenos/as que acababan de nacer e que foron inmunizados...
Este indicador refírese á porcentaxe de nenos/as que naceron entre o 1 de abril e o 24 de setembro...
Prevalencia do consumo de bebidas azucradas (datos autodeclarados).
Media de horas de sono que descansa a poboación galega de luns a venres (datos autodeclarados).
Prevalencia do consumo de bebidas alcohólicas no último ano en poboación de 15-64 anos.
Prevalencia de consumo de bebidas alcohólicas no último ano en poboación de 14-18 anos.
Prevalencia de consumo de bebidas alcohólicas a diario no último mes en poboación de 15-64 anos.
Prevalencia de intoxicacións etílicas agudas (borracheiras) no último ano en poboación de 15-64 anos...
Prevalencia do consumo de tabaco no último ano en poboación de 15-64 anos.
Prevalencia do consumo de tabaco a diario no último mes en poboación de 15-64 anos.
Prevalencia do consumo de cigarros electrónicos no último ano en poboación de 15-64 anos.
Prevalencia do consumo de cánnabis no último ano en poboación de 15-64 anos.
Prevalencia do consumo de cánnabis a diario no último mes en poboación de 15-64 anos.
Idade media de inicio do consumo de bebidas alcohólicas en poboación de 15-64 anos.