Porcentaxe de poboación maior de 80 anos vacinada de covid
Tras as primeiras campañas de inmunización poboacional frente ao coronavirus SARS-CoV-2 iniciadas a finais de 2020, a estratexia actual de vacinación fronte á COVID-19 diríxese a protexer a poboación máis vulnerable da enfermidade grave causada polo virus.
Aínda que o SARS-CoV-2 non ten un marcado carácter estacional, en xeral os virus respiratorios circulan máis e causan máis patoloxía durante o outono e o inverno. Por iso, no 2023 estableceuse unha campaña de vacinación estacional fronte á COVID-19 a partir de finais de setembro. A campaña organizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública estendeuse ata o 26 de xaneiro de 2024, e realizouse de maneira conxunta coa campaña da gripe.
Como en ocasións anteriores, realizouse unha convocatoria activa a través de SMS para facilitar a organización da campaña e empregáronse recintos de alta capacidade en todas as áreas sanitarias que permitiron vacinar un gran número de persoas nun menor tempo. Tamén se ofreceu a vacinación dende os centros de saúde de cabeceira para as persoas de 80 e máis anos e para todas aquelas persoas con problemas de mobilidade. No caso das persoas internas en residencias ou centros de discapacidade, a vacinación realizouse in situ nos propios centros.
O obxectivo da vacinación fronte á COVID-19 é reducir a morbimortalidade polo virus, xa que aínda que causa unha infección respiratoria que adoita ser leve e que se autoresolve en poucos días, pódese agravar e ser incluso mortal, especialmente nalgúns grupos de persoas máis vulnerables pola idade ou por situacións de inmunosupresión
O indicador de persoas con baixos niveis educativos representa a porcentaxe de poboación de 25 a 64...
O indicador do abandono educativo temperán representa a porcentaxe de poboación entre 18 e 24 anos...
Prevalencia do consumo de tabaco en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia do consumo de tabaco en mozos.
Prevalencia do consumo de tabaco en mulleres de 18 a 44 anos (datos autodeclarados).
Prevalencia do consumo de tabaco en mulleres durante o embarazo (datos autodeclarados).
Idade de experimentación co consumo de tabaco en xente nova.
Idade de consolidación do consumo de tabaco en mozos.
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco na casa en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco no traballo en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco no lecer en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco na casa en mozos.
Prevalencia de exposición ao fume ambiental de tabaco no lecer en mozos.
Prevalencia do consumo diario de froita en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia do consumo diario de froita en mozos.
Prevalencia do consumo diario de vexetais en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia do consumo diario de vexetais en mozos.
Prevalencia de sedentarismo en adultos (datos autodeclarados).
Prevalencia do sedentarismo en mozos.