Número de mulleres convidadas no PGDPCM
Número de mulleres convidadas no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).
Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das «Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama» en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.
As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre el cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria.
A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses).
A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.
No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Total |
---|---|---|---|---|
2019 | Provincia | 15 | A Coruña | 70.356 |
2019 | Provincia | 27 | Lugo | 19.874 |
2018 | Comunidade | 12 | Galicia | 206.276 |
2018 | Provincia | 15 | A Coruña | 94.384 |
2018 | Provincia | 27 | Lugo | 28.912 |
2018 | Provincia | 32 | Ourense | 22.078 |
2018 | Provincia | 36 | Pontevedra | 60.902 |
2018 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 43.264 |
2018 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 28.912 |
2018 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 22.078 |
2018 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 20.679 |
2018 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 18.606 |
2018 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 35.607 |
2018 | Área sanitaria | VI | Vigo | 37.130 |
2017 | Comunidade | 12 | Galicia | 179.366 |
2017 | Provincia | 15 | A Coruña | 70.315 |
2017 | Provincia | 27 | Lugo | 19.538 |
2017 | Provincia | 32 | Ourense | 24.340 |
2017 | Provincia | 36 | Pontevedra | 65.173 |
2017 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 36.357 |
2017 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 19.538 |
2017 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 24.340 |
2017 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 21.758 |
2017 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 12.322 |
2017 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 27.976 |
2017 | Área sanitaria | VI | Vigo | 37.075 |
2016 | Comunidade | 12 | Galicia | 183.708 |
2016 | Provincia | 15 | A Coruña | 83.568 |
2016 | Provincia | 27 | Lugo | 28.634 |
2016 | Provincia | 32 | Ourense | 20.933 |
2016 | Provincia | 36 | Pontevedra | 50.573 |
2016 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 40.767 |
2016 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 28.634 |
2016 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 20.933 |
2016 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 14.715 |
2016 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 15.283 |
2016 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 28.968 |
2016 | Área sanitaria | VI | Vigo | 34.408 |
2015 | Comunidade | 12 | Galicia | 177.094 |
2015 | Provincia | 15 | A Coruña | 72.090 |
2015 | Provincia | 27 | Lugo | 17.977 |
2015 | Provincia | 32 | Ourense | 21.666 |
2015 | Provincia | 36 | Pontevedra | 65.361 |
2015 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 38.749 |
2015 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 17.977 |
2015 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 21.666 |
2015 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 20.769 |
2015 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 12.700 |
2015 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 28.407 |
2015 | Área sanitaria | VI | Vigo | 36.826 |