Número de mulleres convidadas no PGDPCM
Número de mulleres convidadas no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).
Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das «Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama» en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.
As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre el cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria.
A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses).
A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.
No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Total |
---|---|---|---|---|
2014 | Comunidade | 12 | Galicia | 186.778 |
2014 | Provincia | 15 | A Coruña | 81.790 |
2014 | Provincia | 27 | Lugo | 25.087 |
2014 | Provincia | 32 | Ourense | 21.808 |
2014 | Provincia | 36 | Pontevedra | 58.093 |
2014 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 38.958 |
2014 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 25.087 |
2014 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 21.808 |
2014 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 19.420 |
2014 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 13.013 |
2014 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 30.969 |
2014 | Área sanitaria | VI | Vigo | 37.523 |
2013 | Comunidade | 12 | Galicia | 167.669 |
2013 | Provincia | 15 | A Coruña | 61.865 |
2013 | Provincia | 27 | Lugo | 18.246 |
2013 | Provincia | 32 | Ourense | 23.512 |
2013 | Provincia | 36 | Pontevedra | 64.046 |
2013 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 36.573 |
2013 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 18.246 |
2013 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 23.512 |
2013 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 19.534 |
2013 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 11.683 |
2013 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 21.620 |
2013 | Área sanitaria | VI | Vigo | 36.501 |
2012 | Comunidade | 12 | Galicia | 186.065 |
2012 | Provincia | 15 | A Coruña | 83.563 |
2012 | Provincia | 27 | Lugo | 23.873 |
2012 | Provincia | 32 | Ourense | 21.832 |
2012 | Provincia | 36 | Pontevedra | 56.797 |
2012 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 39.868 |
2012 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 23.873 |
2012 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 21.832 |
2012 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 20.348 |
2012 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 12.261 |
2012 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 32.476 |
2012 | Área sanitaria | VI | Vigo | 35.407 |
2011 | Comunidade | 12 | Galicia | 170.927 |
2011 | Provincia | 15 | A Coruña | 61.667 |
2011 | Provincia | 27 | Lugo | 20.290 |
2011 | Provincia | 32 | Ourense | 24.274 |
2011 | Provincia | 36 | Pontevedra | 64.696 |
2011 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 29.338 |
2011 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 20.290 |
2011 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 24.274 |
2011 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 19.989 |
2011 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 12.635 |
2011 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 26.004 |
2011 | Área sanitaria | VI | Vigo | 38.397 |
2010 | Comunidade | 12 | Galicia | 152.831 |
2010 | Provincia | 15 | A Coruña | 67.012 |