Número de mulleres convidadas no PGDPCM
Número de mulleres convidadas no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).
Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das «Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama» en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.
As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre el cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria.
A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses).
A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.
No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Total |
---|---|---|---|---|
2002 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 10.837 |
2002 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 18.802 |
2002 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 11.167 |
2002 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 4.352 |
2002 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 16.734 |
2002 | Área sanitaria | VI | Vigo | 16.549 |
2001 | Comunidade | 12 | Galicia | 103.534 |
2001 | Provincia | 15 | A Coruña | 39.363 |
2001 | Provincia | 27 | Lugo | 20.732 |
2001 | Provincia | 32 | Ourense | 11.379 |
2001 | Provincia | 36 | Pontevedra | 32.060 |
2001 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 11.909 |
2001 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 20.732 |
2001 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 11.379 |
2001 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 9.909 |
2001 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 10.259 |
2001 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 17.822 |
2001 | Área sanitaria | VI | Vigo | 21.524 |
2000 | Comunidade | 12 | Galicia | 105.094 |
2000 | Provincia | 15 | A Coruña | 41.649 |
2000 | Provincia | 27 | Lugo | 10.686 |
2000 | Provincia | 32 | Ourense | 18.736 |
2000 | Provincia | 36 | Pontevedra | 34.023 |
2000 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 25.733 |
2000 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 10.686 |
2000 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 18.736 |
2000 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 10.736 |
2000 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 4.480 |
2000 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 17.228 |
2000 | Área sanitaria | VI | Vigo | 17.495 |
1999 | Comunidade | 12 | Galicia | 101.452 |
1999 | Provincia | 15 | A Coruña | 45.212 |
1999 | Provincia | 27 | Lugo | 16.620 |
1999 | Provincia | 32 | Ourense | 9.087 |
1999 | Provincia | 36 | Pontevedra | 30.533 |
1999 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 14.597 |
1999 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 16.620 |
1999 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 9.087 |
1999 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 8.430 |
1999 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 15.075 |
1999 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 16.203 |
1999 | Área sanitaria | VI | Vigo | 21.440 |
1998 | Comunidade | 12 | Galicia | 88.576 |
1998 | Provincia | 15 | A Coruña | 36.744 |
1998 | Provincia | 27 | Lugo | 11.158 |
1998 | Provincia | 32 | Ourense | 17.370 |
1998 | Provincia | 36 | Pontevedra | 23.304 |
1998 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 20.522 |
1998 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 11.158 |
1998 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 17.370 |