Ir o contido principal

Número de mulleres convidadas no PGDPCM

Número de mulleres convidadas no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).

Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das «Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama» en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.

As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre el cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria. 

A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses). 

A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.

No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.

Ficha Descargar CSVDescargar Excel
Ver filtros Ocultar filtros
Período
Ámbito
Espazo
Período Ordenar de maneira ascedente Ámbito Código espazo Espazo Total
2006 Provincia 36 Pontevedra 43.323
2006 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 23.591
2006 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 11.676
2006 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 17.752
2006 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 15.554
2006 Área sanitaria FE Ferrol 11.850
2006 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 20.183
2006 Área sanitaria VI Vigo 22.649
2005 Comunidade 12 Galicia 128.600
2005 Provincia 15 A Coruña 55.868
2005 Provincia 27 Lugo 17.847
2005 Provincia 32 Ourense 12.495
2005 Provincia 36 Pontevedra 42.390
2005 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 35.022
2005 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 17.847
2005 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 12.495
2005 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 11.191
2005 Área sanitaria FE Ferrol 7.078
2005 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 16.072
2005 Área sanitaria VI Vigo 28.895
2004 Comunidade 12 Galicia 95.115
2004 Provincia 15 A Coruña 37.235
2004 Provincia 27 Lugo 10.913
2004 Provincia 32 Ourense 15.679
2004 Provincia 36 Pontevedra 31.288
2004 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 18.376
2004 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 10.913
2004 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 15.679
2004 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 10.620
2004 Área sanitaria FE Ferrol 7.284
2004 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 14.984
2004 Área sanitaria VI Vigo 17.259
2003 Comunidade 12 Galicia 109.921
2003 Provincia 15 A Coruña 41.903
2003 Provincia 27 Lugo 19.919
2003 Provincia 32 Ourense 12.270
2003 Provincia 36 Pontevedra 35.829
2003 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 14.555
2003 Área sanitaria LU Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos 19.919
2003 Área sanitaria OU Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras 12.270
2003 Área sanitaria PO Pontevedra e O Salnés 11.367
2003 Área sanitaria FE Ferrol 10.364
2003 Área sanitaria SC Santiago de Compostela e Barbanza 17.555
2003 Área sanitaria VI Vigo 23.891
2002 Comunidade 12 Galicia 107.559
2002 Provincia 15 A Coruña 44.606
2002 Provincia 27 Lugo 10.837
2002 Provincia 32 Ourense 18.802
2002 Provincia 36 Pontevedra 33.314
2002 Área sanitaria CO A Coruña e Cee 29.118