Número de mulleres convidadas no PGDPCM
Número de mulleres convidadas no Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM).
Dende a Dirección Xeral de Saúde Pública, púxose en marcha en 1992 a primeira unidade de exploración mamográfica do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (PGDPCM). Ata o ano 2004 o Programa ía dirixido a todas as mulleres residentes en Galicia con idades comprendidas entre 50 a 64 anos. Seguindo as directrices da Unión Europea, a partir de 2005 o Programa comezou a ampliación progresiva do grupo de idade ata os 69 anos, obxectivo que se acadou no ano 2009. Con base na actualización das «Directrices europeas sobre o cribado e diagnóstico do cancro de mama» en setembro do ano 2022, substituíndo a Recomendación do Consello 2003/878/EC do 2 de decembro de 2003 sobre o cribado do cancro, levouse a cabo a ampliación do cribado do cancro de mama ás mulleres de entre 45 e 74 anos en setembro do ano 2023.
As mulleres que forman parte da poboación diana do Programa reciben información sobre el cando son citadas para a realización da proba mamográfica. A citación é persoal e por SMS ou carta. Envíase nos 10-15 días previos á cita e nela especifícanse o lugar, día e hora en que debe acudir para a realización da proba mamográfica, así como as indicacións para solicitar cambio de cita se for preciso. Se a muller non acode, envíase unha nova citación. A relación de mulleres que hai que citar obtense a partir do rexistro de Tarxeta Sanitaria.
A programación das citas faise de forma que se garante a periodicidade de dous anos do cribado en cada concello (cunha marxe de ± seis meses).
A proba básica de cribado é a mamografía, realizando dúas proxeccións mamográficas (cranio-caudal e oblicua mediolateral) en cada mama cunha periodicidade de dous anos. Se o resultado é negativo, as mulleres reciben unha mensaxe no seu móbil (SMS) avisándoas deste resultado, recomendándolles seguir no Programa e convidándoas a repetir o estudo ao cabo de dous anos. Tamén poderán obter o resultado en É-Saúde ou a través de Atención Primaria pasado un mes desde a realización da proba.
No caso de que sexa necesario realizar unha valoración clínica adicional para chegar a un diagnóstico, infórmase por carta certificada e con xustificante de recepción, na que se lles facilita unha cita para seren atendidas nunha unidade hospitalaria de diagnóstico e tratamento. Esta carta remítese tres días antes da cita e, ademais, dous días antes chámase a muller por teléfono para confirmala.
Período Ordenar de maneira ascedente | Ámbito | Código espazo | Espazo | Total |
---|---|---|---|---|
2010 | Provincia | 27 | Lugo | 23.322 |
2010 | Provincia | 32 | Ourense | 14.423 |
2010 | Provincia | 36 | Pontevedra | 48.074 |
2010 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 32.048 |
2010 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 23.322 |
2010 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 14.423 |
2010 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 15.427 |
2010 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 12.639 |
2010 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 25.055 |
2010 | Área sanitaria | VI | Vigo | 29.917 |
2009 | Comunidade | 12 | Galicia | 137.563 |
2009 | Provincia | 15 | A Coruña | 59.400 |
2009 | Provincia | 27 | Lugo | 16.190 |
2009 | Provincia | 32 | Ourense | 16.764 |
2009 | Provincia | 36 | Pontevedra | 45.209 |
2009 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 29.310 |
2009 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 16.190 |
2009 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 16.764 |
2009 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 14.326 |
2009 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 11.516 |
2009 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 23.482 |
2009 | Área sanitaria | VI | Vigo | 25.975 |
2008 | Comunidade | 12 | Galicia | 144.015 |
2008 | Provincia | 15 | A Coruña | 59.100 |
2008 | Provincia | 27 | Lugo | 16.980 |
2008 | Provincia | 32 | Ourense | 20.465 |
2008 | Provincia | 36 | Pontevedra | 47.470 |
2008 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 32.580 |
2008 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 16.980 |
2008 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 20.465 |
2008 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 15.831 |
2008 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 10.497 |
2008 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 19.523 |
2008 | Área sanitaria | VI | Vigo | 28.139 |
2007 | Comunidade | 12 | Galicia | 138.010 |
2007 | Provincia | 15 | A Coruña | 59.696 |
2007 | Provincia | 27 | Lugo | 19.122 |
2007 | Provincia | 32 | Ourense | 14.587 |
2007 | Provincia | 36 | Pontevedra | 44.605 |
2007 | Área sanitaria | CO | A Coruña e Cee | 27.720 |
2007 | Área sanitaria | LU | Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos | 19.122 |
2007 | Área sanitaria | OU | Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras | 14.587 |
2007 | Área sanitaria | PO | Pontevedra e O Salnés | 12.046 |
2007 | Área sanitaria | FE | Ferrol | 10.497 |
2007 | Área sanitaria | SC | Santiago de Compostela e Barbanza | 23.664 |
2007 | Área sanitaria | VI | Vigo | 30.374 |
2006 | Comunidade | 12 | Galicia | 123.255 |
2006 | Provincia | 15 | A Coruña | 50.504 |
2006 | Provincia | 27 | Lugo | 11.676 |
2006 | Provincia | 32 | Ourense | 17.752 |