Ir o contido principal

Porcentaxe de nenos recaptados inmunizados fronte ao VRS

A inmunización fronte ao Virus Respiratorio Sincitial (VRS) realízase mediante a administración dun anticorpo monoclonal (nirsevimab) nunha única dose a aquelas nenas e nenos menores de 6 meses, prematuros con idades xestacionais < 35 semanas e aqueles menores de 24 meses que presenten unha situación de risco adicional. Pode atopar máis información consultando a seguinte ligazón: [Inmunización fronte ao Virus Respiratorio Sincitial](https://www.sergas.es/Saude-publica/INMUNIZACION-FRONTE-AO-VIRUS-RESPIRATORIO-SINCITIAL).

No presente indicador avalíase a cobertura fronte ao VRS mediante a análise do número de lactantes vacinados no proceso de recaptación. No numerador do presente indicador figurará o número de lactantes que recibiron unha dose de nirsevimab entre abril e setembro do período avaliado e no denominador incluiranse todos os lactantes nacidos entre esas mesmas datas do mesmo período.

Descargar CSVDescargar Excel