Ir o contido principal

Cobertura da primeira dose da varicela (VVZ)

A vacina fronte á varicela (VVZ) é unha vacina de uso en poboación infantil (formando parte do calendario de vacinación sistemática) e de poboación adulta (con dúas doses en determinadas situacións de risco). Na poboación infantil adminístranse 2 doses: aos 15 meses e aos 3 anos. Pode atopar máis información consultando o calendario de inmunización do Programa Galego de Vacinación na seguinte ligazón: Calendario de Inmunización.

No presente indicador avalíase a cobertura vacinal fronte á varicela (VVZ) mediante o cálculo da porcentaxe de nenas e nenos que recibiron a primeira dose de recordo, correspondente á vacina dos 15 meses. No numerador do presente indicador figurará o número de nenas e nenos vacinados con alomenos 1 dose desta vacina e no denominador incluiranse todas as nenas e nenos da mesma cohorte de nacemento.

Descargar CSVDescargar Excel