Prevalencia do consumo de hipnosedantes sen receita médica no último ano en poboación de 15-64 anos
Prevalencia do consumo de hipnosedantes sen receita médica no último ano en poboación de 15-64 anos.
Enquisa sobre alcohol e drogas en España (EDADES)
- Nome: Enquisa sobre alcohol e drogas en España (EDADES).
- Periodicidade: Cada 2 anos dende 1995.
- Responsable: Observatorio Español das Drogas e as Adiccións (OEDA). Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas (DGPNSD). Ministerio de Sanidade.
- Ámbito xeográfico: Galicia. A enquisa realízase en todo o ámbito nacional, non obstante este conxunto de indicadores constrúense utilizando a mostra galega.
- Ámbito poboacional: O universo está composto por poboación residente en Galicia de 15 a 64 anos, ambos inclusive.
- Ámbito temporal: Os períodos de recollida de información de cada unha das edicións foron os seguintes:
- 2022 15.2.2022 – 3.6.2022
- 2019: 7.2.2020 – 13.3.2020
- 2017: 5.2.2018 – 27.4.2018
- 2015: 1.12.2015 – 18.12.2015 e 7.2.2016 – 29.4.2016
- 2013: 2.11.2013 – 15.12.2013 e 7.2.2014 – 8.4.2014
- 2011: 7.11.2011 – 15.12.2011 e 7.2.2012 – 4.4.2012
- 2009: 15.11.2009 – 15.12.2009 e 1.2.2010 – 31.3.2010
- 2007: novembro e decembro de 2007 e febreiro e marzo de 2008
- 2005: novembro e decembro de 2005 e febreiro a abril de 2006
- Marco de mostraxe: Poboación urbana e rural (concellos menores de 2.000 habitantes) de Galicia, residente en fogares familiares.
- Procedemento de mostraxe: Para o deseño da mostra tivéronse en conta os últimos datos publicados no momento do deseño da investigación que eran de 2020. Mostraxe por conglomerados trietápica sen substitución. As unidades de primeira etapa son as seccións censuais , as unidades de segunda etapa son as vivendas familiares (fogares) e na terceira etapa seleccionouse un individuo dentro de cada fogar.
- Tamaño da mostra: Os tamaños das mostras de cada unha das edicións foron os seguintes:
- 2022: 1.745
- 2019: 1.276
- 2017: 1.240
- 2015: 2.015
- 2013: 1.990
- 2011: 1.262
- 2009: 1.202
- 2007: 1.600
- 2005: 1.676
- Ampliación da mostra: A Comunidade Autónoma de Galicia amplía a mostra inicialmente seleccionada polo estudo nacional para poder realizar unha análise máis detallada da información e cunha marxe de erro estatístico menor a nivel autonómico.
- Ponderación: A ponderación para a análise de resultados realízase, dentro da Comunidade Autónoma, en función do tamaño do concello (7 grupos), o sexo e a idade (14 grupos) para corrixir a desproporcionalidade da mostra con respecto ao universo.
- Método de recollida da información: Entrevista persoal no domicilio. O entrevistador permanece presente durante todo o proceso e recolle o cuestionario unha vez finalizado.
- Cuestionario: O cuestionario consta de 2 partes: cuestionario do entrevistador e cuestionario autoadministrado, cúbrese por escrito (lapis e papel) e está dispoñible tanto en galego como en castelán. O cuestionario recolle información sobre variables sociodemográficas, consumo e dispoñibilidade de substancias psicoactivas e información sobre percepcións e actitudes sobre as adiccións.
Información
O recurso consta de varias columnas que proporcionan a seguinte información:
- A columna Período é un campo alfanumérico que indica a referencia temporal á que se refiren os datos.
- A columna Ámbito é un campo alfanumérico que indica a área xeográfica á que se refiren os datos. Os posibles valores son «Comunidade», «Provincia», «Concello» e «Área sanitaria».
- A columna Código espazo contén unha referencia alfanumérica da rexión e a columna Espazo proporciona unha descrición desa rexión.
- O campo Sexo é un campo alfanumérico que indica o sexo das persoas ás que se refiren os datos. Os posibles valores son «Homes», «Mulleres» e «Todos».
- O campo Grupo idade contén información sobre o grupo de idade.
- Finalmente, o recurso proporciona a estimación da prevalencia e os límites inferior e superior do intervalo de confianza do 95 %.
Neste apartado móstranse datos das interrupcións voluntarias do embarazo (IVE) realizadas en España...
O indicador «Incidencia da tuberculose» é unha valiosa colección de datos que proporciona...
O conxunto de datos «Incidencia de tuberculose pulmonar» proporcionado é un recurso valioso para...
O conxunto de datos «Incidencia de tuberculose en nenos menores de 5 anos» é un recurso para...
O conxunto de datos «Incidencia de tuberculose pulmonar bacilífera» proporciona unha visión...
Poboación infantil galega con obesidade.
- Ámbito poboacional: Escolares galegos de Educación Primaria...
Poboación infantil galega con sobrepeso.
- Ámbito poboacional: Escolares galegos de Educación Primaria...
Este indicador ofrece información sobre a distribución da poboación en grandes grupos de idade na...
Este indicador proporciona información sobre o número de persoas maiores de 64 anos que residen en...
Este indicador ofrece información sobre a poboación estranxeira nunha zona ou país específico...
A taxa bruta de natalidade é un indicador demográfico que reflicte o número de nacementos nunha...
Esta taxa bruta de natalidade, desagregada segundo a nacionalidade (española ou estranxeira) das...
Este indicador reflicte a porcentaxe de nacementos que ocorren en mulleres menores de 20 anos con...
O Índice de dependencia global é un indicador demográfico que representa a relación entre os grupos...
O Índice de dependencia senil é un indicador demográfico que representa a relación entre a poboación...
O índice de envellecemento é un indicador demográfico que representa a relación entre a poboación...
O índice de sobreenvellecemento é un indicador demográfico que representa a relación entre a...
A taxa de risco de pobreza ou exclusión social é un indicador socioeconómico que representa a...
O indicador «Fogares con carencia material severa» representa o número de fogares que experimentan...
O indicador «Desemprego de longa duración» representa a porcentaxe de poboación activa que estivo...